Gran Premio do Canadá de 1980

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Premio de Canadá de 1980")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Canada.svg Gran Premio de Canadá de 1980
Detalles da carreira
Carreira 13 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980.
Trazado do Circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do Circuíto Gilles Villeneuve.
Data 28 de setembro de 1980
Nome oficial XIX Gran Premio do Canadá
Localización Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto semipermanente
4´410 km
Distancia 70 voltas, 308´700 km
ClimaSeco, frío
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford
Tempo 1:27.328
Volta rápida
Piloto Francia Didier Pironi Ligier-Ford
Tempo 1:28.769 na volta 62
Podio
Primeiro Australia Alan Jones Williams-Ford
Segundo Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Williams-Ford
Terceiro Francia Didier Pironi Ligier-Ford

O Gran Premio do Canadá de 1980 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 28 de setembro de 1980. A carreira, foi a 13ª e penúltima carreira da tempada de 1980, o 19º Gran Premio de Canadá e o terceiro, que se celebrou en Montreal. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´41 quilómetros de lonxitude para unha distancia total de carreira de 309 quilómetros.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

O piloto australiano Alan Jones, pilotando un Williams FW07B, gañou o seu segundo Gran Premio de Canadá consecutivo, que xunto coa retirada do Brabham BT49 do piloto brasileiro Nelson Piquet debido ao fallo do seu motor Cosworth DFV, permitiulle a Jones asegurar o campionato de pilotos de 1980. Jones converteuse no segundo australiano en lograr o campionato do mundo, un título que gañara por última vez Jack Brabham en 1966. O primeiro Campionato de pilotos para Williams Grand Prix Engineering, engadiuse ao seu primeiro campionato de construtores, logrado dúas semanas antes no Gran Premio de Italia.

A breve reaparición de Vittorio Brambilla, chegara ao seu fin coa retirada do veterano italiano da Fórmula Un. Alfa Romeo o substituíu polo mozo Andrea de Cesaris, que fixo o seu debut nun Gran Premio, como o fixo adolescente neozelandés Mike Thackwell. Thackwell subiu a bordo do terceiro Tyrrell 010 acadando a marca como o piloto máis novo da historia en iniciar un Gran Premio, unha marca que tiña desde facía 19 anos o falecido mexicano Ricardo Rodríguez. O rexistro manteríase durante 29 anos ata que rompeuno Jaime Alguersuari en 2009.

Piquet logrou a pole por diante de Jones, usando un coche distinto ao da carreira cunhas especificacións distintas para a cualificación. Na saída Jones intentou pasar a Piquet pero tocaronse,[1][2] desencadeando un choque múltiple en cadea. A colisión involucrou a Jean-Pierre Jarier (Tyrrell 010), Derek Daly (Tyrrell 010), Emerson Fittipaldi (Fittipaldi F8), Keke Rosberg (Fittipaldi F8), Mario Andretti (Lotus 81), Gilles Villeneuve (Ferrari 312T5) e Jochen Mass (Arrows A3). Piquet, Fittipaldi, Villeneuve, Andretti e Mass volveron a saír nos coches de reposto (muletto), no caso de Piquet co coche que usou na cualificación e Rosberg no mesmo coche reparado. Os Tyrrell de Daly e Jarier quedaron inutilizados polo que o terceiro Tyrrell 010 de Thackwell pasou a Jarier e Daly colleu o muletto. Aínda así Daly, non puido reiniciar a carreira. Emerson Fittipaldi tamén cedeu seu coche a Keke Rosberg, preferindo comezar co muletto. Na reanudación, 50 minutos máis tarde, Didier Pironi anticipouse na saída, polo que foi penalizado ao finalizar a carreira, Jones partiu primeiro ata que foi adiantado por Piquet logo de dúas voltas, Piquet era primeiro, seguido por Jones, Pironi, Watson, Reutemann e Laffite, pero na volta 23, Piquet veu esfumarse a esperanza de gañar o título, o motor Ford Cosworth do seu Brabham explotou.[3] Dúas voltas máis tarde Jean-Pierre Jabouille estrelou o seu Renault RE20 fortemente, resultando gravemente ferido nas súas pernas. Jabouille tivo que ser excarcerado do coche.

Jones liderou de novo ata que Pironi logrou pasalo e gañar a carreira, pero Pironi foi sancionado con 60 segundos por saltarse a saída. Finalmente quedou terceiro por detrás de Jones e Reutemann. Alain Prost sería terceiro ou segundo de non ser por un fallo na suspensión que provocou un accidente no seu McLaren M30. Watson adiantou a Reutemann cando este fixo un trompo e terminou cuarto no seu McLaren. O heroe local Villeneuve logrou a quinta posición para Ferrari nun fin de semana triste que viu ao campión do mundo saínte Jody Scheckter incapaz de cualificar o seu Ferrari 312T5. O último punto foi para Héctor Rebaque no seu Brabham BT49 logo de que Jacques Laffite quedase sen combustible no seu Ligier JS11/15 nas últimas voltas.[4]

O primeiro e segundo lugar do campionato decidiríanse no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 aínda por chegar, a terceira praza tamén estaba teoricamente aberta con Laffite oito puntos por detrás de Reutemann. O segundo lugar no campionato de construtores estaba por decidir con Brabham só cinco puntos por detrás de Ligier.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 70 1:46:45.53 2 9
2 28 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Williams-Ford 70 +15.54 segs 5 6
3 25 Francia Didier Pironi Ligier-Ford 70 +19.07 segs 3 4
4 7 Flag of the United Kingdom.svg John Watson McLaren-Ford 70 +30.98 segs 7 3
5 2 Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari 70 +55.23 segs 22 2
6 6 Flag of Mexico.svg Héctor Rebaque Brabham-Ford 69 +1 volta 10 1
7 3 Francia Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 69 +1 volta 15
8 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford 68 Sen combustible 9
9 21 Finlandia Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 68 +2 voltas 6
10 12 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 68 +2 voltas 17
11 30 Alemaña Jochen Mass Arrows-Ford 67 +3 voltas 21
12 14 Flag of the Netherlands.svg Jan Lammers Ensign-Ford 66 +4 voltas 19
Ret 8 Francia Alain Prost McLaren-Ford 41 Suspensión 12
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 39 Freos 23
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 25 Suspensión/Accidente 13
Ret 5 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford 23 Motor 1
Ret 11 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 11 Motor 18
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 8 Motor 8
Ret 31 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Osella-Ford 8 Sistema combustible 14
Ret 20 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 8 Caixa de cambios 16
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 7 Chasis 4
Ret 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 6 Accidente 11
Ret 4 Flag of Ireland.svg Derek Daly Tyrrell-Ford 0 Accidente 20
Ret 43 Flag of New Zealand.svg Mike Thackwell Tyrrell-Ford 0 Coche cedido a Jarier 24
NSC 9 Suíza Marc Surer ATS-Ford
NSC 1 Unión Sudafricana Jody Scheckter Ferrari
NSC 50 Flag of the United Kingdom.svg Rupert Keegan Williams-Ford
NSC 51 Flag of the United States.svg Kevin Cogan Williams-Ford

Líderes por volta[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 5 resultados das primeiras 7 carreiras e os 5 mellores resultados das últimas 7 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1980
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1980
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1980
Carreira anterior:
Gran Premio de Canadá de 1979
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio de Canadá de 1981

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://grandprix.com/gpe/rr341.html
  2. http://www.youtube.com/watch?v=uDc3DbUISS0
  3. Jones, Bruce (1998). "The 1980s". The Complete Encyclopedia of Formula One (First ed.). London: Carlton Books. p. 52. ISBN 1 85868 515 X. 
  4. "Grand Prix Results: Canadian GP, 1980". GP Encyclopedia. Inside F1, Inc. Consultado o 2012-04-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]