Saltar ao contido

Pío XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pío XII»)
Modelo:BiografíaPío XII, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Pius PP. XII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Eugenio Maria Giuseppe Giovanni Pacelli Editar o valor en Wikidata
2 de marzo de 1876 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1958 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Castel Gandolfo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas
Basílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
260º Papa
2 de marzo de 1939 – 9 de outubro de 1958
← Pío XIXoán XXIII →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
13 de decembro de 1937 – 2 de marzo de 1939
← Lorenzo Lauri (pt) TraducirRaffaele Carlo Rossi (pt) Traducir →
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt) Traducir
1 de abril de 1935 – 2 de marzo de 1939
← Pietro Gasparri (pt) TraducirLorenzo Lauri (pt) Traducir →
Archpriest of St. Peter's Basilica, Vatican City (en) Traducir
25 de marzo de 1930 – 2 de marzo de 1939
← Rafael Merry del Val (pt) TraducirFederico Tedeschini →
Cardeal Secretário de Estado (pt) Traducir
7 de febreiro de 1930 – 2 de marzo de 1939
← Pietro Gasparri (pt) TraducirLuigi Maglione →
Cardeal
16 de decembro de 1929 –
Apostolic Nuncio to Prussia (en) Traducir
22 de xuño de 1926 – 19 de agosto de 1929
← sen valor – Cesare Orsenigo (pt) Traducir →
Apostolic nuncio to Germany (en) Traducir
22 de xuño de 1920 – 16 de decembro de 1929
← sen valor – Cesare Orsenigo (pt) Traducir →
Arcebispo titular
23 de abril de 1917 –
Diocese: See of Sardis (en) Traducir
Apostolic Nuncio to Bavaria (en) Traducir
20 de abril de 1917 – 8 de xuño de 1925
← Giuseppe Aversa (pt) TraducirAlberto Vassallo di Torregrossa → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontifício Seminário Romano (pt) Traducir (–1901)
Universidade de Roma La Sapienza (1895–1896)
Pontificia Universidade Gregoriana (1894–1895)
L.G.S Ennio Quirino Visconti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1917–), Sacerdote católico de rito romano (1899–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónBieito XV Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa9 de outubro Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoPapal symbols (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de marzo de 1939Conclave de 1939 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaPacelli (Família) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiFilippo Pacelli Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancesco Pacelli Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Opus Justitiae Pax Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0691068 BNE: XX1165378 Dialnet: 3427509 Musicbrainz: 4122f615-3303-4141-88f0-10fddea75a85 Discogs: 1976346 WikiTree: Pacelli-11 Find a Grave: 8420 Editar o valor en Wikidata

Pío XII (en latín, Pius PP. XII), nado Eugenio María Giuseppe Giovanni Pacelli en Roma o 2 de marzo de 1876 e finado en Castelgandolfo o 9 de outubro de 1958, foi o 260º papa da Igrexa católica e soberano do Estado da Cidade do Vaticano entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado Venerable o 19 de decembro de 2009 por Bieito XVI.

Anteriormente á súa elección como Papa, Pacelli desempeñou as funcións de Secretario da Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, nuncio papal en diferentes países de Europa, e Cardeal Secretario de Estado, cargo no que culminou varios concordatos internacionais con estados europeos e americanos, como o Concordato Imperial (en alemán, Reichskonkordat) coa Alemaña nazi. O seu pontificado durante a segunda guerra mundial é un dos máis controvertidos da época contemporánea, principalmente no referido ao coñecemento e encubrimento dos crimes e o antisemitismo do réxime nazi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terceiro dos catro fillos de Filippo Pacelli, príncipe de Acquapendente e de Sant'Angelo in Vado, e Virginia Graziosi, naceu nunha familia aristocrática dedicada durante xeracións ao servizo papal. Disciplinado e capacitado para o estudo, Eugenio Pacelli realizou os seus estudos secundarios clásicos no liceo «Ennio Quirino Visconti», de Roma, escola con tendencias anticlericais e anticatólicas.

En 1894, con dezaoito anos, ingresou no seminario de Capranica, e por motivos de saúde, ao ano seguinte no Instituto Apollinare. Entre 1895 e 1896, estudou Filosofía na Universidade romana de La Sapienza.

Ordenado sacerdote o 2 de abril de 1899, Domingo de Pascoa de Resurrección, Pacelli matriculouse na Pontificia Universidade Gregoriana e no Instituto Apollinare da Pontificia Universidade Lateranense, doutorándose en Teoloxía e In utroque iure (dereitos civil e canónico).

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Como sacerdote, foi asignado a Chiesa Nuova, onde servira como acólito, pero en 1901 ingresou na Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, dependente da Secrearía de Estado vaticana, como minutante grazas á recomendación do cardeal Vannutelli.

En 1904, Pacelli foi nomeado chambelán e en 1905 prelado doméstico da Súa Santidade; entre 1904 e 1916, asistiu ao cardeal Gasparri na codificación do Dereito Canónico no Departamento de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios. En 1908, representou a Santa Sé no Congreso Internacional Eucarístico en Londres, e posteriormente, en 1911, na coroación de Xurxo V de Inglaterra.

Adscrito xa á diplomacia vaticana, foi nomeado subsecretario de Estado en 1911, e secretario adxunto en 1912 (cargo para o que foi designado por Pío X e confirmou Bieito XV); en 1914, secretario de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios en substitución de Gasparri, promovido a Cardeal Secretario de Estado.

Como secretario, Pacelli concluíu un concordato con Serbia, días antes do asasinato do arquiduque Francisco Fernando, e durante a primeira guerra mundial, levou o rexistro vaticano dos prisioneiros de guerra. En 1915 viaxou a Viena para asistir ao nuncio Scapinelli nas negociacións co Imperador Francisco Xosé I.

Arcebispo e nuncio

[editar | editar a fonte]

Bieito XV designou a Pacelli nuncio apostólico en Baviera o 23 de abril de 1917, consagrándoo bispo titular de Sardes, e inmediatamente elevándoo ao arcebispado na Capela Sistina o 3 de maio seguinte, antes de partir para presentarse perante o rei Luís III, primeiro, e o káiser Guillerme II despois. Ao estar vacante a nunciatura de Berlín, na práctica Pacelli exerceu as funcións de nuncio en todo o Imperio Alemán nos últimos meses da guerra e durante a posguerra.

En 1929 Pío XI créao cardeal presbítero de San Xoán e San Paulo, e após a dimisión de Gasparri, Secretario de Estado debido ao seu satisfactorio labor no dicasterio alemán pero fundamentalmente polo seu coñecemento da política alemá nuns tempos especialmente complicados, en pleno ascenso do partido nacional-socialista.

Pacelli negoció e asinou os concordatos entre a Santa Sé e o ducado de Baden (1932), a república de Austria (1933), o reino de Iugoslavia (1935), e moi destacadamente con Alemaña, tratado este último que segue vixente na actualidade.

Como Secretario de Estado unha das súas máis significativas actuacións foi a participación na elaboración, a instancias dos bispos alemáns, da encíclica Mit brennender Sorge, que supuxo unha dura condena por parte do Papado das políticas do réxime nazi. O texto inicial correu a cargo de Michael von Faulhaber, cardeal arcebispo de Múnic e Freising, e ao parecer a versión definitiva debeuse a Pacelli. Con data de 14 de marzo de 1937, o documento foi lido en todas as igrexas de Alemaña o Domingo de Ramos, provocando as iras de Hitler e do aparato de propaganda ideolóxica de Goebbels.

No desempeño das súas funcións, Pacelli realizou numerosas viaxes aos Estados Unidos, Arxentina, Hungría e Francia, tendo acceso aos mandatarios destes países, o que lle outorgou prestixio internacional.

Simultaneamente ao cargo de secretario de Estado, que mantivo mesmo tras a súa designación como Papa, o cardeal Pacelli desempeñou neste período os de arcipreste da Patriarcal Basílica Vaticana (1930), gran chanceler do Pontificio Instituto de Arqueoloxía Cristiá (1932) e Camarlengo da Santa Igrexa Romana (1935).

Á morte de Pío XI, a xestión da sede vacante correspondeu a Pacelli pola súa condición de camarlengo, cargo que o convertía ademais en candidato favorito. O conclave durou apenas dous días, e á terceira votación, o 2 de marzo de 1939, Pacelli resultou elixido Papa, sendo o primeiro que carecía de calquera experiencia pastoral, fose en parroquias ou en dioceses, dado que desenvolvera toda a súa carreira na administración vaticana. Talvez isto explique a orientación eminentemente política do seu pontificado, moi condicionado por acontecementos históricos tan decisivos como a segunda guerra mundial e a posterior guerra fría. Algúns historiadores criticaron o silencio do Papa diante do holocausto, acusándoo de antisemitismo; tamén as súas actitudes anticomunistas o levaron a lexitimar a ditadura de Franco en España coa sinatura do concordato de 1953, a cambio de importantes privilexios e vantaxes para a Igrexa, e a condenar as ideoloxías marxistas e comunistas, ameazando coa excomuñón a todos os católicos que as apoiasen.

Promulgou a doutrina da Asunción da Virxe como dogma de fe en 1950 mediante a constitución apostólica Munificentissimus Deus; a través da encíclica Fidei donum (1957), invitaba a toda a Igrexa a reactivar o espírito misioneiro, especialmente no continente africano.

Pío XII faleceu o 9 de outubro de 1958 dunha insuficiencia cardíaca aguda provocada por un infarto de miocardio súbito en Castelgandolfo, residencia estival dos Pontífices, sendo sepultado nas grutas vaticanas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.