Bieito I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bieito I»)
Bieito I, papa
Nacementoc. 525 e 525
Lugar de nacementoRoma
Falecemento1 de agosto de 579 e 30 de xullo de 579
Lugar de falecementoRoma
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, escritor e Papa
editar datos en Wikidata ]

Bieito I, nado en Roma e finado o 30 de xullo de 579, foi un relixioso italiano, Papa nº 62 da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun cidadán romano chamado Bonifacio. A súa elección como pontífice tivo lugar o 2 de xuño de 575. O concilio demorouse 11 meses trala morte de Xoán III, debido á invasión longobarda que impedía calquera comunicación entre Roma e Constantinopla, co que a preceptiva confirmación imperial da elección papal non se puido levar a cabo nese lapso de tempo.

É recordado por crear o estado de Massa Veneris, no territorio de Minturnae, que lle concedeu ó abade Estevo de San Marcos. estendeu a influencia papal ata Rávena.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.