Xoán V, papa
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 635 Antioquía do Orontes |
| Morte | 2 de agosto de 686 Roma |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| 23 de xullo de 685 – 2 de agosto de 686 (Gregoriano) ← Bieito II – Conon → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John V. Encyclopædia Britannica |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Xoán V, nado en Antioquía e finado en Roma o 2 de agosto de 686, foi o Papa nº 82 da Igrexa católica de 685 a 686.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como cardeal diácono participou no Sexto Concilio Ecuménico celebrado en Constantinopla, como representante de Agatón.
Ao renunciar o emperador Constantino IV ao seu dereito a confirmar ao papa elixido polo colexio cardinalicio, cedendo ese dereito ao exarca de Rávena, Xoán foi consagrado o mesmo día da súa elección, o 23 de xullo de 685, a diferenza dos seus inmediatos antecesores que tiveron que esperar o permiso imperial.
Durante o seu pontificado, moi breve, estableceu que o nomeamento dos bispos das dioceses de Sardeña e de Córsega correspondía á Santa Sé e non ao arcebispo de Cagliari.
| Predecesor: Bieito II |
685 – 686 |
Sucesor: Conón |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
