Saltar ao contido

Silvestre I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSilvestre I, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Silvester I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 335 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatacumba de Priscila (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
33º Papa
31 de xaneiro de 314 – 31 de decembro de 335
← MelquiadesMarcos → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de decembro
31 de decembro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Sylvester I., Sylvester, St. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4661330

Silvestre I, ou San Silvestre, foi papa de 314 a 335, durante o goberno do emperador Constantino I, quen instaurou a tolerancia co cristianismo no seo do Imperio romano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa autoridade viuse eclipsada pola de Constantino, non asistindo ao sínodo de Arles (314) nin ao concilio de Nicea (325), convocados polo emperador. Mais todo iso non impediu que, con el ou sen el, fose durante o seu pontificado cando a autoridade da Igrexa fose establecida e que se edificasen os primeiros monumentos cristiáns: a igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, as basílicas de San Xoán de Letrán e a de San Pedro en Roma, as igrexas dos Santos Apóstolos e a de Santa Sofía en Constantinopla.

Os historiadores cristiáns de época romana (Eusebio de Cesarea e Lactancio) atribuíran a conversión de Constantino a unha visión, que este sufriría xusto antes da batalla de Ponte Milvio, na cal triunfou sobre Maxencio (312). Mais a tradición medieval, transmitida especialmente a través da Lenda Áurea, dou unha interpretación diferente: o emperador estaba cuberto dunha lepra incurable, e entón Silvestre teríao bautizado por inmersión nunha piscina, o que tería o efecto de sandarlle a lepra, comprendendo que debía defender a fe cristiá. Este episodio nárrase tamén na Doazón de Constantino, texto aparecido no século IX, polo que se concedía ao papa Silvestre o poder sobre Occidente. O carácter apócrifo e carente de valor dese texto está hoxe admitido pola Igrexa.

Atribúense a Silvestre outros milagres, por exemplo, resucitar un touro e domar un dragón.

Silvestre I foi un dos primeiros santos canonizados sen sufrir martirio. A súa festividade celébrase o 31 de decembro, que é a probable data da súa inhumación; a Igrexa ortodoxa e máis as Igrexas católicas orientais, que seguen os ritos ortodoxos, conmemórano o día 2 de xaneiro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.