Xoán XIII, papa
Xoán XIII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 6 de setembro de 972 |
Lugar de falecemento | Roma |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Pai | Giovanni Crescenzi |
Nai | Theodora II of Tusculum |
Irmáns | Crescêncio I |
Período | 965 a 972 |
Coñecido por | ser o papa n° 135 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xoán XIII, nado como Giovanni Crescenzi en Roma e finado o 6 de setembro de 972, foi o Papa nº 135 da Igrexa católica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras pasar a súa vida na corte papal ó ser sobriño de Marozia, membro da familia dos Crescencios, no momento da elección era bispo de Nardi. Ocupou o trono pontificio co rexeitamento do pobo romano, que prefería como Papa a Bieito V, que aínda vivía exiliado en Hamburgo.
Este rexeitamento popular provocou que en decembro de 965 os romanos, encabezados por Rofredo, o conde de Campania, e por Pedro, o prefecto da cidade, fixeran fuxir a Xoán XIII, que buscou refuxio xunto a Pandulfo, príncipe de Padua e de Benevento.
Coñecendo o emperador a expulsión do seu protexido, dispúxose a marchar sobre Roma, o que provocou que os romanos, temorosos das represalias, desen morte ó prefecto Pedro e recibisen triunfalmente o 14 de novembro de 966 a Xoán XIII.
En decembro de 966 o emperador entrou en Roma, onde permaneceu durante case seis anos, e nomeou como prefecto da cidade a Crescencio I, un irmán do Papa.
Ó ano seguinte, o día de Nadal de 967, Xoán XIII coroou co-emperador ó fillo de Odón, Odón II, de tan só doce anos de idade.
Cinco anos despois, en 972, o Papa casou a Odón II con Teófano, a sobriña do emperador bizantino Xoán I Tzimisces, co que se abriu un período de entendemento entre Occidente e Oriente.
Na súa vertente relixiosa, o papado de Xoán XIII é recordado pola evanxelización dos húngaros e polacos, e polos intentos de reorganización da Igrexa, que o levaron á creación do arcebispado de Magdeburgo e outros de rito latino no sur de Italia, o que reduciu a influencia do Imperio Bizantino e a súa Igrexa ortodoxa nesa rexión. tamén comezou o costume de bendicir e dar nome ás campás dos templos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A familia Crescenzi (en castelán)
- Enciclopedia Católica (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |