Estevo VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevo VI (VII) (nado en Roma, ? e finado o 14 de agosto de 897) foi Papa da Igrexa do 896 ao 897.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como o seu predecesor, Bonifacio VI, foi escollido Papa coa axuda do rei de Italia e o emperador do Sacro Imperio, Lamberto de Spoleto, que logo de ser expulsado de Roma por Arnulfo de Carintia, puido reconquistar a cidade despois de marchar Arnulfo por culpa do seu estado de saúde e por problemas internos que xurdiron no seu propio reino.

No momento en que foi escollido Papa exercía de bispo na diocese de Agnani (designado polo Papa Formoso). Logo da súa elección ordenou exhumar o cadáver deste para sometelo a xuízo nun concilio reunido con esta finalidade e que pasou á historia como o "Concilio Cadavérico" ou "Sínodo do terror".

O Papa Formoso e Estevo VI, de Jean-Paul Laurens (1980)

Neste concilio, celebrado baixo a presidencia de Estevo II na Basílica Constantiniana procedeuse a revestir o cadáver de Formoso dos ornamentos papais e sentouno nun trono para que escoitase as acusacións. A principal foi que sendo bispo da diocese de Porto, deixouna para ocupar como papa a diocese de Roma.

Formoso I foi declarado culpábel e considerouse inválida a súa elección como Papa. Polo tanto, anuláronse todos os actos e as ordenanzas do seu papado. A continuación, espiuse o cadáver, arrincáronlle da man os tres dedos con que impartía as bendicións e foi tirado ao río Tíber despois de o queimar. Os restos de Formoso non se recuperaron ata o pontificado de Teodoro II, que as restituíu á Basílica de San Pedro.

O pobo romano, ao coñecer este feitos, prendeu a Estevo VI no Pazo de Latrán. Foi esganado na prisión o 14 de agosto de 897.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.