Uxío I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxío I, papa
Papa Eugenio I (1).jpg
Nacementoséculo VIIxuliano e século VIxuliano
Lugar de nacementoRoma
Falecemento4 de xuño de 657
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónclérigo e sacerdote católico
Na rede
WikiTree: Aventine-1
editar datos en Wikidata ]
Uxío I

Santo Uxío baixo o nome de Uxío I, nado en Roma (non se coñece o ano) e finado na mesma cidade o 1 de xuño de 657, foi papa da Igrexa católica elixido o 10 de agosto de 654 ata o 1 de xuño de 657.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe da primeira parte da vida do papa Uxío I nada máis que era un romano do monte Aventino, e era coñecido pola súa santidade, xentileza, e caridade.

A súa elección tivo lugar durante a vixencia do seu antecesor, Martiño I depositado polo emperador Constante II, e fíxose por expresa vontade do emperador Constante II, un ano antes da morte de Martiño I, mentres este era conducido en cadeas a Constantinopla. O clero romano e o mesmo Uxío I non se opuxeron á vontade de Constante II, probablemente non por submisión ou medo, senón por motivos de oportunidade. Non quería indispoñer o emperador quen, por exemplo, tivese ter a posibilidade de facer elixir un papa monotelista; ou quizais dando mostras de condescendencia non se quixo comprometer aínda máis a xa precaria posición do papa Martiño I. Tivese o mesmo trato co seu antecesor se mentres tanto non morrese.

Prescribiu que os sacerdotes tivesen que gardar castidade perpetua.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.