Bieito VIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bieito VIII, papa
Nacementoc. 980
Lugar de nacementoRoma
Falecemento15 de abril de 1024
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
PaiGregory I, Count of Tusculum
NaiMaria
IrmánsXoán XIX e Alberico III de Túsculo
Na rede
WikiTree: Tuscolo-2
editar datos en Wikidata ]

Bieito VIII (de nome Teofilacto), nado en Roma e finado o 9 de abril de 1024, foi o Papa nº 143 da Igrexa católica de 1012 a 1024.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aproveitando a morte de Crescencio III (1012) os seus inimigos e rivais políticos, os condes de Túsculo, aproveitaron para nomear a un dos seus fillos, Teofilacto, como papa o 18 de maio de 1012, permanecendo no cargo até a súa morte o 9 de abril de 1024, data en que foi sucedido polo seu irmán, Xoán XIX.

Apenas nomeado, foi expulsado de Roma pola familia dos Crescencio, que puxeron no seu lugar ao antipapa Gregorio. Ano e medio máis tarde, en 1014, Bieito VIII foi reposto no papado polo rei Henrique II de Saxonia quen, favorábel á reforma da Igrexa, se decantou por Bieito ao consideralo máis proclive á mesma. Como recompensa por este acto Henrique II obtivo a coroación imperial en Roma no ano 1014 onde por primeira vez en Occidente o emperador recibiu do papa, xunto á coroa, o globo coa cruz como símbolo do poder universal.

Nese mesmo ano de 1014 introduciu de forma definitiva no credo niceno-constantinopolitano a procedencia do Espírito Santo do Pai “e do Fillo” que desembocará anos máis tarde no Cisma das Igrexas de Oriente e Occidente.

En 1016 Bieito VIII á fronte de tropas italianas vence aos sarracenos que atacaran a Italia central e inmediatamente atópase co enfrontamento co Imperio bizantino no sur de Italia cando o emperador destes, Basilio II, renova a política de restauración practicada outrora por Xustiniano ao reconquistar, na batalla de Cannas en 1018, a Apulia que se sublevou no ano 1009. O papa, que apoiara aos sublevados de Apulia con tropas normandas que se asentaron no sur de Italia ao seu regreso dunha peregrinación a Terra Santa e coas que Bieito VIII pactara unha alianza a cambio de conceder a estes o perdón por un crime de sangue, viu ameazados os seus propios territorios polo que xuntamente cos apulios e os normandos pediu auxilio a Henrique II.

En 1020, aproveitando a viaxe do papa a Bamberg para a consagración da súa nova catedral acordouse unha expedición de auxilio que en 1021 conseguiron eliminar a supremacía bizantina no sur de Italia e crear un cinto defensivo. No devandito encontro entre o papa e o emperador expuxéronse algunhas ideas de reforma da Igrexa e convocouse en 1022 o Sínodo de Pavia que se celebrou baixo a presidencia do papa e do emperador e no que se repetiu a esixencia canónica de celibato para o alto clero até o subdiácono, e estableceuse que os fillos habidos da ligazón de sacerdotes non libres con mulleres libres haberían de seguir o estado do pai para que non se perdese para a Igrexa nin puidesen ser perigosos pola herdanza do ben eclesiástico. Decretáronse tamén severas condenas contra os sacerdotes que practicaban a simonía e condenouse así mesmo o duelo.

Tregua de Deus[editar | editar a fonte]

A Bieito VIII débese un decreto coñecido como Tregua de Deus polo que se regulaba a guerra entre príncipes cristiáns. Tivo a súa orixe nun decreto da Igrexa para defender aos humildes fronte aos señores feudais, a chamada Paz de Deus. A Tregua de Deus baseábase nun principio canónico que prohibía as hostilidades entre o sábado pola noite e o luns pola mañá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.