Aniceto, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I Homs |
| Morte | 20 de abril de 166 Roma |
| década de 150 – década de 160 ← Pío I – Sotero → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 20 de abril |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyklopedia kościelna, (vol:I) |
Aniceto, chamado logo santo Aniceto, nado quizais en Siria e morto posiblemente en Roma en abril de 168, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 154 e 168.
Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]O dato máis importante do bispado de Aniceto é o encontro que mantén en Roma no ano 155 co bispo de Esmirna, san Policarpo, e onde discutiron sobre a data en que se debía celebrar a Pascua, que fora colocada por Pío I no domingo posterior á lúa chea de marzo, pero que na Igrexa oriental preferían celebrar o décimo cuarto día do mes xudeu de nisan, é dicir, o día desa lúa, independentemente do día da semana que fose. A xuntanza finalizou sen ningún tipo de acordo, conforme relata Eusebio de Cesarea.
Crese que ditaminou que os cregos non podían levar o pelo longo, probablemente por oposición aos gnósticos, que si o levaban. Ademais de a estes opúxose e condenou tamén o montanismo.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 17 de abril. Foi soterrado no camposanto de Calisto, en Roma, ao pé da vía Apia, pero en 1604 o seu corpo foi trasladado á capela do Pazo Altemps, por orde de Clemente VIII.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de santo Aniceto.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |