Saltar ao contido

Clemente IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClemente IV, papa

(século XIII) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Clemens PP. IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Guy Foulques Editar o valor en Wikidata
23 de novembro de 1190 Editar o valor en Wikidata
Saint-Gilles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1268 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Viterbo Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Francesco, Viterbo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
183º Papa
5 de febreiro de 1265 – 29 de novembro de 1268 (Gregoriano)
← Urbano IVGregorio X →
Apostolic nuncio to the Kingdom of England (en) Traducir Reino de Inglaterra
1264 –
Cardeal bispo de Sabina (Vescovio)
17 de decembro de 1261 –
Roman Catholic Archbishop of Narbonne (en) Traducir
10 de outubro de 1259 – – Maurin (en) Traducir →
Bishop of Le Puy-en-Velay (en) Traducir
1257 –
← Armand de Polignac (en) TraducirGuillaume de La Roue (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPapacy (en) Traducir e dereito Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista , avogado , sacerdote católico , bispo católico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónRaymond Amaury (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5241024 WikiTree: Foulques-7

Clemente IV, nado en Saint-Gilles-du-Gard en 1202 e finado en Viterbo o 29 de novembro de 1268, foi o Papa nº 183 da Igrexa católica de 1265 a 1268.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Guido le Gros Foulques naceu en 1202 na localidade francesa de Saint-Gilles. Eminente xurista e conselleiro do rei Lois IX de Francia, foi ordenado sacerdote cara a 1256, tras falecer a súa esposa. Foi nomeado, sucesivamente, bispo de Le Puy (1257), arcebispo de Narbona (1259) e cardeal (1261). En 1265, resultou elixido papa in absentia, pois se atopaba nunha misión diplomática en Inglaterra. Do mesmo xeito que os seus antecesores, rivalizou coa familia Hohenstaufen (liñaxe xermánica unida, desde 1138, ao trono do Sacro Imperio Romano) e, en 1266, nomeou rei de Sicilia (co nome de Carlos I) a Carlos de Anjou. A cambio, este axudoulle a derrotar a Manfredo de Sicilia, rexente de Conradino, aliado dos xibelinos, a quen mandou executar (extinguíndose así a dinastía Hohenstaufen).

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Á morte da súa esposa, ingresou nun mosteiro franciscano de onde, en 1256, foi reclamado para ocupar o bispado de Puy, cargo que ocupou ata que en 1259 foi nomeado arcebispo de Narbona para, finalmente, converterse, en 1261, no primeiro cardeal nomeado polo papa Urbano IV.

Á morte de Urbano IV, o conclave cardinalicio reunido en Perugia, reclama a presenza do futuro Clemente IV que se atopaba en terras francesas tras o seu regreso dunha misión desenvolvida en Inglaterra como legado papal. Ao chegar ao conclave infórmano que foi elixido, por unanimidade, papa, sendo consagrado o 15 de febreiro de 1265.

O feito máis significativo durante o seu pontificado foi o enfrontamento que desencadeou a desaparición da dinastía dos Hohenstaufen, casa que fornecera os emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1138.

En efecto, seguindo a política dos seus predecesores ao obxecto de frear a Manfredo, fillo ilexítimo do falecido emperador Frederico II, mantivo o ofrecemento da coroa de Sicilia a Carlos de Anjou, irmán do rei francés Lois IX.

Clemente IV comezou entón a predicación dunha Cruzada siciliana que culminou coa organización dun exército que derrotou e deu morte a Manfredo na batalla de Benevento. Só quedaba un membro da dinastía, Conradino de Suabia, sobriño de Manfredo e fillo de Conrado IV quen tentando recuperar a coroa de Sicilia enfrontouse en 1268 a Carlos de Anjou na Batalla de Tagliacozzo sendo feito prisioneiro e executado en Nápoles.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Draco depresus (O dragón perdido ou vencido), cita que fai referencia ao feito de que no seu escudo de armas aparece unha aguia aprisionando entre as súas garras un dragón.

Á súa morte, os graves enfrontamentos no seo do colexio cardinalicio, deixaron sumida á Igrexa nun período de interregno de case tres anos. Finalmente, foi elixido sucesor seu Gregorio X.

[editar | editar a fonte]

O rei Afonso X dedicoulle unha cantiga de escarnio, no contexto das desavinzas polo nomeamento do sucesor de Xoán Arias como arcebispo de Santiago en 1266.[1]

  1. Ferreiro, Manuel (ed.). "Se me graça fezesse este Papa de Roma". Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]