Lucio I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. século II Roma, Italia |
| Morte | 5 de marzo de 254 Roma, Italia |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Catacumba de Calisto |
| 25 de xuño de 253 – 5 de marzo de 254 ← Cornelio, papa – Estevo I → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 4 de marzo |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Lucio I, nado en Roma e finado o 5 de marzo de 254, foi o 22º Papa da igrexa católica entre 253 e 254.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Porfirio, Lucio, que ao igual que moitos cristiáns sufría pena de desterro por orde do emperador Treboniano Galo, puido regresar a Roma trala morte deste en maio de 253 e ser elixido sucesor do papa Cornelio.
O seu pontificado foi moi breve, e durante o mesmo continuou a política do seu predecesor contra os novacianos.
Home de rigorosos costumes, prohibiu a cohabitación entre homes e mulleres que non fosen consanguíneos, e impuxo aos eclesiásticos a obriga de non convivir coas relixiosas que lles daban hospitalidade por sentimentos caritativos.
Aínda que nos martiroloxios aparece como mártir, non parece que fose certo, dado que cando faleceu, baixo o goberno do emperador Valeriano, os cristiáns eran tratados benevolamente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
