Inocencio I, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV ![]() Albano Laziale (Imperio Romano) ![]() |
Morte | 12 de marzo de 417 ![]() Roma (Imperio Romano) ![]() |
Lugar de sepultura | Stiftskirche St. Anastasius und St. Innocentius (en) ![]() ![]() |
![]() | |
402 – 12 de marzo de 417 (Gregoriano) ← Anastasio I – Zósimo → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma ![]() |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 12 de marzo 28 de xullo ![]() |
Familia | |
Pai | Anastasio I ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Inocencio I, natural de Albano Laziale, foi o papa nº 40 da Igrexa católica.
Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).
Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.
O seu grande amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.
Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.
O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
Morreu o 12 de marzo de 417.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |