Xoán XIV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán XIV»)
Xoán XIV, papa
Nome completoPietro Canepanova
Nacementoséculo Xxuliano
Lugar de nacementoPavia
Falecemento20 de agosto de 984
Lugar de falecementoRoma
Causaenvelenamento
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Período983 a 984
Coñecido porser o papa n° 136 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Canepanova-1
editar datos en Wikidata ]
Xoán XIV

Pietro Campanora, baixo o nome de Xoán XIV, nado en Pavia e finado o 20 de agosto 984 en Roma, foi o papa n.º 136 da Igrexa católica do mes de decembro 983 ao 20 de agosto de 984.

En 983, á morte de Bieito VII, o emperador Otón II impón como novo papa ao seu vicechanceler imperial en Italia e bispo de Pavia, Pietro Campanora, quen tomou o nome de Xoán ao considerar que non era digno para levar no seu pontificado o mesmo nome que o do apóstolo, e primeiro papa, San Pedro. Tense que observar que todos os outros papas do nome Pedro tiveron o mesmo razoamento.

Aos poucos días da elección papal, o emperador faleceu e foi sucedido no trono polo seu fillo Otón III de tan só tres anos de idade; circunstancia que aproveito o antipapa Bonifacio VII para regresar do seu exilio de Constantinopla en abril 984 e ocupar por segunda vez, e de forma igualmente ilexítima, o trono de San Pedro.

Bieito VII encarcerou o papa Xoán XIV, en abril 984, no Castelo de Santo Angelo (en lingua italiana, "Castel Sant' Angelo") onde faleceu de fame ou, segundo outras versións, envelenado, o 20 de agosto de 984.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.