Telesforo, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Terranova da Sibari, Italia |
| Morte | década de 130 Roma, Italia |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| década de 120 – década de 130 ← Sisto I – Hixinio → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Imperio Romano |
| Consagración | valor descoñecido |
| Enaltecemento | |
| |
| Día de festividade relixiosa | 2 de xaneiro |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Encyclopædia Britannica |

Telesforo,[1] nado probablemente en Terranova da Sibari e finado seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136[2] ou quizais 138.[3]
Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]Aínda que, como ao resto dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida, crese que a súa familia era grega, e que antes de chegar a Roma viviu como ermitán en diversos lugares, entre eles o Monte Carmelo e por iso é recoñecido pola Orde carmelita entre os seus santos. Debeu comezar como papa en tempos de Hadrián e rematar baixo o imperio de Antonino Pío.
O Liber pontificalis afirma que Teléforo foi o instituidor da misa do galo na medianoite do Nadal, que compuxo o canto Gloria in excelsis Deo, que fixou que a Pascua tiña que celebrarse en domingo e que ademais implantou as normas sobre o xaxún na Coresma. Debeu combater as herexías gnósticas.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas romanos anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo. Telesforo é o primeiro que no catálogo papal elaborado por Ireneu de Lión aparece sinalado como mártir, feito que despois repite Eusebio de Cesarea, pero é moi posíbel que se producise unha confusión entre el e outro romano de nome Telesforo asasinado nas persecucións alentadas polo emperador romano Hadrián. Foi soterrado na Basílica de San Pedro.
O seu martirio celébrao a igrexa católica o 5 de xaneiro e a igrexa ortodoxa o 22 de febreiro.
Parroquias galegas
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a advocación de san Telesforo.