Bieito XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bieito XII")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bieito XII, papa
Papa Benedictus Duodecimus.jpg
Bieito XII
Nome completoJacques Fournier
Nacemento1280
 Saverdun
Falecemento25 de abril de 1342
 Aviñón
CausaGangrena
SoterradoAvignon Cathedral
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónclérigo, sacerdote católico e teólogo
Períodoentre 1334 e 1342
Coñecido/a porser o papa n° 197 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
C o a Benedetto XII.svg

Bieito XII (nado en Saverdun cara 1280 e falecido en Avignon o 25 de abril de 1342), foi o Papa nº 197 da Igrexa católica.

De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.

Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.

En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.

Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.

Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da península itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.

Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.

Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.