León VI, papa
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Roma |
| Morte | c. decembro de 928 Roma |
| Causa da morte | veleno |
| Lugar de sepultura | Antiga Basílica de São Pedro (pt) |
| xuño de 928 – decembro de 928 ← Xoán X – Estevo VIII → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
| Ocupación | sacerdote católico, escritor |
| Influencias | |
| Familia | |
| Irmáns | León VII |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo VI. |

León VI , nado en Roma en data descoñecida e finado na mesma cidade en decembro 928, foi o papa n.º 123 da Igrexa católica durante sete meses, de maio a decembro 928.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Romano de nacemento, nada se sabe da primeira etapa da súa vida, salvo que o seu pai se chamaba Cristovo e era un dignitario da corte pontificia. Antes de ser papa era cardeal presbítero da igrexa de Santa Susana. Foi elixido papa co apoio e influencias de Teodora I e filla desta Marozia. As datas exactas da elección e morte de León VI son incertas.
Faleceu, en decembro de 928, asasinado por orde de Marozia.
Pontificado
[editar | editar a fonte]O seu pontificado estivo dominado por Marozia, filla de Teofilacto I. Durante o seu breve pontificado non constan feitos de relevancia. O seu acto principal foi a regulación da xurisdición na xerarquía en Dalmacia, León VI decretou que o primado de Dalmacia e Croacia debía ser o Arcebispo de Split [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán) Páxina sobre Dalmacia, sección Historia Arquivado 05 de maio de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
