Nicolao V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nicolao V")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nicolao V, papa
Paus Nicolaas V door Peter Paul Rubens.jpg
"Papa Nicolao V", obra de Peter Paul Rubens.
Nome completo Tomaso Parentucelli
Nacemento 15 de novembro de 1397
  Sarzana
Falecemento 24 de marzo de 1455
  Roma
Causa Cirrose hepática
Soterrado Basílica de San Pedro e Vatican Grotto
Relixión catolicismo
Educado en Universidade de Boloña
Ocupación clérigo, bibliotecario e sacerdote
Período entre o 1447 e o 1455
Coñecido/a por ser o papa n° 208 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Tommaso Parentucelli, nado cara a 1398 en Sarzana (Italia) e finado en Roma en marzo 1455, baiso o nome Nicolao V, foi o papa n.º 208 da Igrexa católica de 1447 a 1455. Puxo fin ao cisma do antipapa Fiz V. Libre de todo nepotismo, era pequeno e de frouxa constitución física. A súa mirada aguda non xeraba a obediencia; era máis un home de letras que home de acción. A súa gran xenerosidade, o seu gusto pola arte e as súas eleccións políticas difíciles válenlle non obstante de ser considerado como un dos papas máis brillantes.

Pontificado[editar | editar a fonte]

Construtor de fortificacións e restaurador de igrexas, comeza o seu pontificado embelecendo a gran cidade (empezará a construción do Pazo do Vaticano desexando que sexa o maior pazo do mundo), e invitando aos pintores, os arquitectos e ante todo os escritores. Home do Renacemento, imbuído do espírito humanista, fundou a Biblioteca Apostólica Vaticana en 1448 e fomentou a tradución de clásicos como Diodoro, Tucídides, Homero e Estrabón.

Sendo papa dedicase en Roma a establecer novos equilibrios políticos e internacionais. Pola bula Romanus Pontifex [1], póusase en árbitro dos imperios españoL e portugués e alcance a autoridade universal do pontífice, incluído a cristianización dos pobos indíxenas e musulmáns. Durante o seu reinado intentou convocar os reis cristiáns a unha cruzada para evitar a inminente caída de Constantinopla en mans dos turcos, pero a súa chamada foi ignorada e a cidade caeu en 1453.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) Romanus Pontifex (páxina consultada o 20/10/2009)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.