Xulio II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xulio II")
Xulio II

Giuliano della Rovere, fillo de Raphaël della Rovere e de Theodora Manerola, nado o 5 de decembro de 1443 en Savona e finado en Roma na noite do 20 ao 21 de febreiro de 1513. Foi papa de 1503 a 1513 baixo o nome de Xulio II (en latín Julius II, en italiano Giulio II)

Xulio II quixo facer dos Estados Pontificios unha gran potencia, o que lle valeu o alcume de Xulio César II para os seus admiradores, e para isto, non vacilou en utilizar as armas espirituais contra os seus inimigos a tempo que participaba persoalmente nas campañas militares. Deixou a imaxe do papa soldado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.