Zacarías, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Zacarías, papa | |
---|---|
![]() | |
Alcume | San Zacarías |
Nacemento | 679 |
Lugar de nacemento | Santa Severina |
Falecemento | 15 de marzo de 752 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Período | 741 a 752 |
Coñecido por | ser o papa n° 91 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
San Zacarías, nado arredor do 679 en Grecia e finado o 15 de marzo de 752, foi Papa da Igrexa católica (741-752).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sábese pouco da súa vida antes de ser coroado papa. Nos seus primeiros anos de pontificado conseguiu que os longobardos (pobo xermánico que ocupou o norte da península itálica), devolvesen algunhas cidades á Igrexa.
Fóra da península itálica contribuíu a que Pipino o Breve destronara a Khilderico III, último rei merovinxio. En efecto, Pipino, Mordomo do Pazo, era o home forte que gobernaba na práctica o pobo franco, e Khilderico III o rei débil chamado a dar fin á liñaxe de Clodoveo. En tal situación, para lexitimar a súa planeada usurpación do trono, Pipino realizou ó Papa unha comprometedora consulta cargada en aparencia de inxenua busca da ortodoxa conduta: Quen debía ser o rei dos francos: o que exercía na práctica a realeza, ou quen a ostentaba nominalmente? O Papa resolveu a cuestión con este veredicto: «Quen o é de feito, séxao de dereito».
Así naceu unha forte relación de vínculos políticos e relixiosos entre o Papado e a dinastía Carolinxia, fundada por Pipino. Zacarías enviou ó arcebispo Bonifacio para que coroase a Pipino, rei dos francos, no seu nome.
A súa festividade celébrase o 5 de marzo.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |