Urbano VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Urbano VI")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Urbano VI, papa
Urbanus VI.jpg
Nacemento c. 1318
  Nápoles
Falecemento 23 de outubro de 1389
  Roma
Causa Veleno
Soterrado Vatican Grotto
Relixión cristianismo
Educado en Universidade de Nápoles Federico II
Ocupación político, clérigo, catedrático de universidade e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas

Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeulle Bonifacio IX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.