Estevo I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstevo I, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Stephanus I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 257 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHvar Cathedral (en) Traducir (1897–) Editar o valor em Wikidata
23º Papa
12 de maio de 254 – 2 de agosto de 257
← Lucio ISisto II → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de agosto Editar o valor em Wikidata

Estevo I, nado en Roma cara ao 200 e finado o 2 de agosto de 257, foi Papa da igrexa católica entre o 12 de maio de 254 e a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun tal Iovius. Era arquidiácono cando sucedeu a Lucio I. O seu pontificado tivo lugar entre dúas vagas de persecucións contra os cristiáns, o que, aínda que supuxo un período de tranquilidade respecto ás súas relacións co Imperio romano, suscitou un recrudecemento no seo da Igrexa do problema dos lapsi.

En efecto, rompendo coa postura dos seus dous predecesores, Estevo I era contrario á readmisión no seo da Igrexa dos cristiáns que apostataran da súa fe durante os períodos de persecución sufridos. Esta postura rigorista, defendida tamén polos seguidores do antipapa Novaciano, unida á súa defensa da validez do bautismo administrado por clérigos que apostataran, supuxo o seu enfrontamento coa Igrexa de África, encabezada polo bispo de Cartago San Cibrán, e coas Igrexas de Alexandría e Cesarea, que sostiñan tanto a readmisión dos lapsi como a necesidade dun novo bautismo para os bautizados por estes.

Para impor a súa opinión na controversia desatada, Estevo fixo uso por primeira vez na historia da Igrexa da pretensión de que a Igrexa de Roma non só tiña unha autoridade moral sobre as restantes Igrexas da cristiandade, senón de que ademais posuía unha autoridade xurídica que lle permitía imporse sobre o resto das igrexas do mundo.

Isto levouno a unha ruptura das igrexas africanas con Roma que se mantivo ata a súa morte, que segundo a tradición se debeu ó martirio ó ser degolado sobre a mesma cadeira pontificia durante as novas persecucións ordenadas polo emperador Valeriano.

A Estevo I atribúeselle a prohibición de que as vestiduras eclesiásticas non fosen empregadas para usos mundanos.

A súa festividade conmemórase o 2 de agosto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.