Nicolao II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolao II, papa
Robert Guiscard claimed as a Duke (Detail of Nicholas II).jpg
Nacementoanos 990xuliano
Lugar de nacementoChâteau de Chevron
Falecemento27 de xullo de 1061
Lugar de falecementoFlorencia
Causamalaria
SoterradoSanta María del Fiore
NacionalidadeReino de Arles
Relixióncatolicismo
Ocupaciónclérigo, sacerdote católico e escritor
Períodoentre o 1059 e o 1061
Coñecido porser o papa n° 155 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Nicolao II

Nicolao II, nado cara o ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.

Biografía[editar | editar a fonte]

Do papa Nicolao II, non coñecemos máis que o seu nome: Gérard, Gérald, Gherard, Gerardus, Giroldus ou Gerhard de Borgoña. Puidera que nacera entre 990 e 995, en Chevron, antiga cidade da rexión histórica de Savoia, e sería da familia dos Chevron Villette. Os antigos textos desígnano como Allobrox, Allobroge, natione Burgondio, sive Sabaudiensis (nación Borgoñoa ou savoiana); foi chamado tamén Gérard de Borgoña e mesmo Gerald de Lorraine.

Pontificado[editar | editar a fonte]

No marco do que os historiadores chamaron a posteriori a reforma gregoriana, prohibe aos clérigos recibir unha igrexa das mans dun laico e obter cargas eclesiásticas con diñeiro (simonía). Tamén prohibe o nomeamento dos bispos sen a autorización papal. Ordenou a excomuñón dos sacerdotes casados que non repudiaran as súas esposas e prohibiu aos laicos participar en misas celebradas por eles.

Sínodo de Melfi[editar | editar a fonte]

Baixo a influencia do frade Hildebrand, o futuro papa Gregorio VII, promulgou o 13 de abril de 1060, o decreto que poñía a elección do papa en só as mans do colexio dos cardeais, confirmando o sínodo de Melfi. Non obstante, o emperador gardaba o dereito de confirmar o candidato para o asento pontifical.

No ano 1059 convoca o sínodo de Melfi (no sur de Italia) que reúne os bispos italianos e determina a elección do Papa que será elixido de agora en diante polos cardeais. O resultado cese sínodo será confirmado polo decreto do 13 de abril de 1060. O papa Nicolás II foi a Italia do sur e recibiu os xuramentos de fidelidade dos príncipes normandos Ricardo I de Aversa e Robert Guiscard, a cambio da súa investidura e da súa fidelidade. O papa contaba co apoio normando para contrapesar a potencia do Imperio.

Primeiro Concilio de Latrán[editar | editar a fonte]

No ano 1060, convocou o I Concilio de Latrán en Roma, e renovou a prohibición feita aos belixerantes de atacar os viaxeiros, os clérigos, os frades e os pobres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.