Pío I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I (<década de 140) Aquileia, Italia |
| Morte | década de 150 Roma, Italia |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| 140 – 154 ← Hixinio – Aniceto, papa → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 11 de xullo |
| Familia | |
| Irmáns | Hermas |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |

Pío I, chamado logo san Pío, nado quizais en Aquileia e morto posiblemente en Roma en 154, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 142 e 154, e por conseguinte primeiro dunha longa lista de papas que recibiron ese nome.
Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]O Fragmento de Muratori sinala que Pío I era irmán do Hermas que escribiu o tratado O pastor; polo tanto, se o que nese documento se conta é verídico, Pío I debeu nacer como escravo. Outras fontes din que quen foi escravo foi seu pai, pero que tanto el como seu irmán xa naceron como homes libres.
A Pascua, que xa se celebraba en domingo dende Telesforo, crese que foi colocada por Pío I o domingo despois da lúa chea de marzo. Autorizou o bautismo dos xudeus conversos ao cristianismo
Pío I seguiu facendo fronte ao gnosticismo e foi el quen decidiu a excomuñón de Marción e de Valentiño de Exipto.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 11 de xullo.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a advocación de san Pío.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |