Pío III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pío III»)
Pío III, papa
Nome de nacementoFrancesco Todeschini Piccolomini
Nacemento7 de xuño de 1439 e 9 de maio de 1439
Lugar de nacementoSarteano
Falecemento18 de outubro de 1503
Lugar de falecementoRoma
SoterradoAntiga Basílica de São Pedro, Grutas vaticanas e Sant'Andrea della Valle
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Perugia
Ocupaciónsacerdote católico e bispo católico
PaiNanni Todeschini
NaiLaudomia Piccolomini
Períodoentre o 22 de setembro 1503 e 18 de outubro 1503
Na rede
WikiTree: Piccolomini-5 Find a Grave: 111418858 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Pío III, papa

Francesco Todeschini Piccolomini (Siena (Italia), 29 de maio 1439Roma, 18 de outubro 1503), elixido papa o 22 de setembro 1503 co nome de Pío III (en latín Pius III, en italiano Pio III).

O 18 de agosto de 1503, o papa Alexandre VI morría. O 16 de setembro abríanse as deliberacións do conclave para a elección do seu sucesor. Dous candidatos opoñíanse: o cardeal Georges de Amboise (1460-1510), ministro de Lois XII de Francia, sostido por César Borgia, e o cardeal Giuliano Della Rovere, o futuro Xulio II. Para evitar longas discusións, os electores puxéronse de acordo, dende o 22 de setembro, sobre o nome do cardeal Francesco Todeschini-Piccolomini, sobriño de Pío II, que tomou o nome de Pío III en recordo do seu tío materno.

Declarou axiña querer ser o papa da paz. Desexaba a reforma xeral da Igrexa e a pacificación de todo o Occidente, pero morreu, menos dun mes despois da súa elección, o 18 de outubro de 1503. Foi inhumado na basílica de San Pedro, despois os seus restos foron transferidos á igrexa San Andrea della Valle, ao lado dos de Pío II.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De parvo homine ('Do home pequeno'), cita que fai referencia ao seu apelido, Piccolomini (piccolo significa 'pequeno', e uomini significa 'homes').

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.