Bonifacio II, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bonifacio II | |
---|---|
![]() Bonifacio II | |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 17 de outubro de 532 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico e escritor |
Período | 530 a 532 |
Coñecido por | ser o papa n° 55 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bonifacio II, nado en Roma e finado en Roma o 17 de outubro de 532, foi o 55º papa da Igrexa católica, entre os anos 530 e 532.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que naceu en Roma, era ostrogodo de nacemento, o que o converteu no primeiro papa de orixe xermánica, grazas ao apoio do rei godo Atalarico.
Designado por Fiz IV como o seu sucesor mediante un edito, á morte deste unha parte do clero, respectando a vontade do falecido, elixiuno pontífice o 22 de setembro de 530, mentres que a facción maioritaria da curia se opuxo á súa elección, elixindo como papa a Dióscoro. O posible cisma na igrexa desapareceu coa morte de Dióscoro vinte e dous días despois do seu nomeamento.
Obsesionado coa posibilidade de que á súa morte volvese a producirse unha dupla elección papal que desembocase nun cisma, convocou un concilio no que se outorgou a prerrogativa de elixir ao seu propio sucesor, designando como tal ao diácono Vixilio. Porén, a oposición que encontrou ante este proceder e que levou ao propio Senado romano a acusar ao papa de abuso de poder, fixo que Bonifacio se retractase, non accedendo á cadeira papal trala morte de Bonifacio, se ben o faría posteriormente.
Predecesor: Fiz III |
Papa 530-532 |
Sucesor: Xoán II |
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |