Gregorio V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gregorio V, papa
Nacemento972
Lugar de nacementoDucado da Saxônia
Falecemento23 de febreiro de 999
Lugar de falecementoRoma
Causamalaria
SoterradoGrutas vaticanas
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
PaiOtão da Caríntia
NaiJudith von Kärnten
IrmánsHenrique de Speyer, Konrad I. e Wilhelm I. von Straßburg
Na rede
WikiTree: Kärnten-1
editar datos en Wikidata ]

Gregorio V, nado en Saxonia c. 972 e finado en Roma o 18 de febreiro de 999, foi o Papa n.º 138 da Igrexa católica de 996 a 999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elixido papa por imposición do seu primo, o emperador Otón III, que se atopaba en Italia para reprimir o levantamento que contra Xoán XV encabezara Crescencio II, será o primeiro pontífice alemán da historia do papado, e un dos máis novos, ao ascender ao Trono de Pedro aos 24 anos de idade.

Capelán da corte de Otón III no momento da súa elección, un os seus primeiros actos como Gregorio V foi coroar a Otón III o 21 de maio de 996 como emperador do Sacro Imperio. Tras a coroación celebrouse un sínodo no que resultaron condenados ao desterro os xefes da rebelión, entre eles Crescencio II, aínda que dita pena foi posteriormente conmutada por intercesión de Gregorio V.

O novo papa só contaba co apoio imperial xa que o pobo romano non aceptaba un papa estranxeiro rexendo os destinos da Igrexa; polo que, aproveitando que Otón III volveu a Alemaña e que o papa se atopaba na Lombardía, Crescencio II co apoio bizantino nomeou papa, en 997, a Xoán Filigato, un bispo de orixe grega, que tomou o nome de Xoán XVI.

O nomeamento deste antipapa obrigou, en 998, ao emperador Otón III a regresar novamente a Italia onde tras restaurar a Gregorio V, fixo decapitar a Crescencio II e tras mutilar a Xoán XVI recluíuno no mosteiro de Fulda até a súa morte en 1013.

Gregorio V actuou coherentemente como representante do emperador en Roma e outorgou moitos privilexios excepcionais a mosteiros do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Durante o pontificado do seu antecesor, Xoán XV, produciuse a deposición de Arnulfo como arcebispo de Reims que foi substituído, coa oposición do papado, por Xeberto, o futuro Silvestre II que contaba co apoio do rei francés Hugo Capeto. A morte deste, en 996 deixou a Geberto sen apoios, xa que o seu sucesor Roberto II de Francia, que contraera matrimonio coa súa tía Bertha e desexaba a dispensa papal para dita unión, desexaba un achegamento co papa. Esta falta de apoio provocou que nun concilio celebrado en Pavia, en 997, se restituíse no arcebispado de Reims a Arnulfo e se condenase como usurpador a Xerberto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.