Fabián, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabián, papa
AlcumeSan Fabián
Nacemento200
Lugar de nacementoRoma
Falecemento20 de xaneiro de 250
Lugar de falecementoRoma
Causadecapitación
SoterradoSan Sebastiano fuori le mura, Basílica de San Pedro e Crypt of the Popes
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre os anos 236-250
Coñecido porser o papa n° 20 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
Find a Grave: 13994120 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fabián,[1] falecido en Roma o 20 de xaneiro de 250, foi o vixésimo Papa da igrexa católica, entre o ano 236 e a súa morte no 250.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido papa durante as persecucións contra os cristiáns ordenadas polo emperador Decio. As extraordinarias circunstancias da súa elección foron relatadas polo historiador Eusebio de Cesarea, quen no tomo sexto da súa obra Historia da Igrexa relata como estando reunidos os electores para seleccionar ao sucesor do papa Antero, unha pomba se pousou sobre Fabián, un granxeiro laico que se encontraba en Roma accidentalmente e como simple espectador. O pobo tomou isto como un sinal milagroso de Deus, que escollía a Fabián como o seu candidato, e inmediatamente procederon á súa ordenación como sacerdote e bispo.

Debido ao crecemento de Roma dividiu a cidade en sete distritos, poñendo a cargo de cada un deles a un diácono para o seu goberno e administración.

Consagrou a varios bispos, entre eles a San Denis de París, ao que enviou a misionar á Galia. Segundo a tradición, Fabián instituíu as catro ordes menores.

Estableceu que todos os anos o Xoves Santo fose renovado o Santo Crisma, queimándose o do ano anterior. Tamén regulou que o Santo Crisma debería prepararse con aceite mesturado con bálsamo.

Fabián morreu mártir baixo a persecución de Decio, sendo soterrado na catacumba de San Calisto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]