Bieito V, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 900 Roma, Italia |
| Morte | 4 de xullo de 965 Hamburgo, Alemaña |
| 27 de maio de 964 – 23 de xuño de 964 ← Xoán XII – León VIII → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Descrito pola fonte | Hamburgische Biografie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict V. |

Bieito V, nado en Roma e finado en Hamburgo o 4 de xullo de 966, foi o 132º papa da Igrexa católica no ano 966.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Este cardeal diácono de ampla cultura (o que lle valeu o alcume de o Gramático, foi elixido papa trala morte de Xoán XII, cando o pobo romano optou por el obviando a León VIII, o protexido do emperador Odón I, que fora imposto por este cando depuxo a Xoán XII.
Ao chegarlle as novas do nomeamento de Bieito, o emperador regresou a Roma, apresándoo o 23 de xuño e depoñéndoo no rango de diácono e desterrándoo a Hamburg. Tras isto, repuxo no trono de San Pedro a seu protexido León.
Bieito faleceu o 4 de xullo de 966 no seu exilio de Hamburg, onde se atopaba baixo custodia de Adaldag, o arcebispo de Bremen-Hamburg.
Foi soterrado na catedral de Hamburgo, aínda que os seus restos foron levados a Roma baixo reinado de Odón III.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |