Urbano I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Roma |
| Morte | 19 de maio de 230 Roma |
| Causa da morte | valor descoñecido |
| Lugar de sepultura | Catacumba de Calisto |
| 222 (Gregoriano) – 23 de maio de 230 (Gregoriano) ← Calisto I – Ponciano → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo primitivo |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 25 de maio |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Urban I. |

Urbano I, chamado logo santo Urbano, nado probablemente en Roma[1] e morto seguramente na mesma cidade o 23 de maio de 230, foi bispo cristián desa cidade entre o 222 e o 230.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da vida de Urbano I, fóra de que durante o seu pontificado continuou a herexía de Hipólito, pero o clima de paz nos tempos do emperador Alexandre Severo fixo aumentar as cifras de fieis, o que se percibe no crecemento de extensión das catacumbas. Conforme o Liber pontificalis Urbano I estableceu que os vasos sagrados fosen de prata e que as esmolas recibidas pola Igrexa se destinasen exclusivamente aos pobres e ao culto.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben non está demostrado en absoluto. A súa festa é o 25 de maio. No 862, Nicolao I enviou parte das reliquias a Carlos II de Francia, a Auxerre, onde foi venerado como patrón das viñas. Durante tempo foi considerado avogoso contra as treboadas, a gota e a embriaguez.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de santo Urbano.
Iconografía
[editar | editar a fonte]A miúdo, Urbano I é representado sentado, coa tiara papal e cunha espada apuntada cara ao chan. Noutros casos leva unha mitra bispal, unha Biblia e un acio de uvas na man, como lle corresponde por ser nalgunhas zonas de Europa central patrón das viñas.
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |