Anacleto, papa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 25 Roma, Italia |
| Morte | década de 90 Roma (Imperio Romano) |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| década de 70 – 92 ← Lino – Clemente I → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Período de actividade | (Con vida en: século I |
| Enaltecemento | |
| Celebración | Igrexa católica |
| Día de festividade relixiosa | 26 de abril |
| Símbolo iconográfico | Papal symbols (en) |
| Patrón de | Belmonte del Sannio e Ruvo di Puglia (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Cronoloxía | |
| 1969 | supresión do culto Causado por: Concilio Vaticano Segundo |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Pope St. Cletus) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon |

Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma o ano 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91[1], se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.
Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterrado[2] cabo de Lino, o seu predecesor.
Santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como san Cleto o 26 de abril e como santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneu de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.
Parroquias galegas
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a santo Anacleto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939
- ↑ Find a Grave
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |