León XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «León XII»)
León XII, papa
Charles Picqué – Portrait de Léon XII (1828).jpg
Nome completoAnnibale Francesco Clemente Melchiorre Girolamo Nicola della Genga
Nacemento2 de agosto de 1760 e 22 de agosto de 1760
Lugar de nacementoGenga
Falecemento10 de febreiro de 1829
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Alma máterPontifícia Academia Eclesiástica
Ocupaciónsacerdote católico e diácono
Períodoentre 1823 e 1829
Coñecido porser o papa n° 252 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Della_Genga-1 Find a Grave: 8806908 Editar o valor em Wikidata
Pope Leo XII signature.png
editar datos en Wikidata ]
León XII

León XII, (probablemente Genga, Ancona, Italia, 22 de agosto de 1760 - Roma, 10 de febreiro de 1829), Papa da Igrexa católica dende 1823 a 1829.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado como Annibale della Genga dunha familia nobre de a Genga, unha miúda vila da Provincia de Ancona, o lugar da súa nacenza non se sabe con certeza, pero crese que puidese ser tanto Genga, como Ancona ou Spoleto. Educouse na Accademia dei Nobili Ecclesiastici en Roma, onde foi ordenado como sacerdote en 1783. En 1790 della Genga atraeu atención cara si, logo dun sermón conmemorando ó emperador Xosé II de Austria.

En 1792, o Papa Pío VI nomeouno o seu secretario privado, e en 1793 no converteu en Arcebispo de Tyre e moveuno a Lucerna como Nuncio. En 1794 foi transferido á nunciatura de Colonia, pero debido á guerra tivo que face-la súa residencia en Augsburgo. Durante os moitos anos que pasou en Alemaña, completou varias misións difíciles, as cales o levaron moi cerca das cortes de Dresde, Veña, Múnic, e Württemberg, como tamén con Napoleón. Durante este período é acusado de que as súas finanzas estaban desordenadas, e de que a súa vida privada estaba baixo sospeita. Logo da abolición dos Estados da Igrexa, foi tratado polos franceses como prisioneiro de estado, e viviu varios anos na abadía de Monticelli, se entretendo con música e a caza de aves, pasatempos que continuou practicando logo da súa elección como papa.

En 1814 della Genga foi electo para leva-las felicitacións do papa a Luís XVIII de Francia; en 1816 foi nomeado cardeal, presidindo a Basilica dei Santa Maria Maggiore. En 1820, o papa Pío VII deulle a distinguida posición de cardeal vicario. No conclave de 1823, aínda coa activa oposición de Francia, foi elixido papa o 28 de setembro. A súa elección foi facilitada polo feito de que se pensaba que estaba no limiar da morte; pero sorpresivamente seguiu vivindo.

A súa política exterior, que confiou primeiro a Giulio Maria della Somaglia e logo a Tommaso Bernetti, movíase nas liñas xerais establecidas por Consalvi; e negociou certos acordos que foron moi beneficiosos para o papado. Persoalmente, León reduciu os impostos, fixo que a xustiza fóra máis barata, e logrou atopar diñeiro para certas melloras públicas; aínda así deixou as finanzas máis confusas do que estaban nun inicio, e aínda o elaborado xubileu de 1825 non amañou ou mellorou a cuestión.

A súa política doméstica era unha de extrema reacción. Condenaba ás sociedades bíblicas, e baixo a influencia xesuíta reorganizou o sistema educativo. Perseguiu ós Carbonarios e os masóns. Tomou as medidas máis fortes en relación a axitacións políticas nos teatros. León, unha persoa temperamental e infatigable traballador, aínda cunha falta de firmeza corporal, morreu en Roma o 10 de febreiro de 1829. A noticia foi recibida polo aldea con xubilo. Como nota curiosa, a León XII, segundo as Profecías de San Malaquías, corresponderíalle o lema Canis et coluber (O can e a serpe).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.