Gregorio XIV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gregorio XIV")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gregorio XIV, papa
Gregory XIV.jpg
Nome completoNiccolò Sfondrati
Nacemento11 de febreiro de 1535
 Somma Lombardo
Falecemento16 de outubro de 1591
 Roma
SoterradoBasílica de San Pedro
RelixiónIgrexa católica
Educado enUniversidade de Perúgia
Ocupaciónpolítico, clérigo e sacerdote católico
PaiFrancesco Sfondrati
editar datos en Wikidata ]

Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.

En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.

Orixes e formación[editar | editar a fonte]

Nado Niccolò Sfondrati na comuna de Somma Lombardo (actualmente na provincia de Varese rexión de Lombardía, cando formaba parte do Ducado de Milán),[1] na clase alta da sociedade milanesa, pero foi coñecido polo seu modesto estilo de vida e rigurosa devoción. O seu pai era Francesco Sfondrati, un senador da antiga comuna de Milán nomeado cardenal polo papa Paulo III e a súa nai era Anna Visconti, membro da Casa de Visconti e quen faleceu durante o parto.

Realizou os seus estudos en Perugia e Padua.

Carreira eclesiástica[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote en 1551[1] e en 1560 foi consagrado bispo de Cremona polo cardenal Carlos Borromeo, participando no Concilio de Trento entre 1561 e 1563 e sendo membro da comisión pro índice librorum en 1562.

Cardenalato[editar | editar a fonte]

O 12 de decembro de 1583 foi nomeado por Gregorio XIII cardenal presbítero de Santa Cecilia. Durante este tempo foi amigo próximo de san Felipe Neri, quen predixo a súa elección como Sumo Pontífice.

Papado[editar | editar a fonte]

Elección[editar | editar a fonte]

Á morte de Urbano VII foi elixido o seu sucesor nun cónclave que se prolongou durante máis de dous meses debido á inxerencia no mesmo do que pretendía que o elixido fose un dos sete cardenais que o rei español Filipe II consideraba adecuados para ocupar o solio pontificio.

Actuación pontifical[editar | editar a fonte]

O papa Gregorio XIV non contaba con experiencia política, razón pola cal cedeu a administración diplomática ao seu sobriño, o cardenal Paolo Emilio Sfondrati.[2] Presidiu dous consistorios nos cales nomeou a cinco novos cardenais.

O seu mandato non estivo marcado por grandes acontecementos ou problemas. O único feito relevante do mesmo foi que, instigado polo rei de España e o duque de Mayenne, excomulgou a Henrique IV de Francia, que se puxera de acordo cos reformistas,[3] declarándoo herexe para despois privalo dos seus dominios. Tras isto, ofreceu a Filipe II o trono de Francia como sucesor de Henrique III de Valois, o cal obrigou á conversión ao catolicismo do sucesor lexítimo Henrique IV para acceder ao trono francés.[2]

Profecía de san Malaquías[editar | editar a fonte]

Se se aplicasen as profecías san Malaquías, a este Papa lle correspondería o lema Ex antiquitate urbis (Da antigüidade da cidade). Con todo, o lema aplícase mellor ao cardenal que, no conclave de 1590, disputáballe o solio papal, Girolamo Simoncelli. Simoncelli era orixinario de Orvieto (Urbs Vetus en latín, é dicir, cidade-antiga); pola contra, para facer que a Sfrondati lle encaixe o lema Ex antiquitate urbis, hai que dicir xeneralidades. A raíz deste dato o xesuíta Claude-François Menestrier demostrou en 1689 que a lista atribuída a san Malaquías de Armagh é unha falsificación orixinada no mesmo Simoncelli ou algún do seu partido para favorecer a súa candidatura á morte de Urbano VII.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 The Cardinals of the Holy Roman Church (inglés), URL último acceso o 01/05/2007.
  2. 2,0 2,1 Vidal Manzanares, César (1997), pp. 67.
  3. Gregorio XIV, Historia de la Iglesia, Conoze, URL último acceso o 01/05/2007.
  4. Ménestrier, Claude-Franóis (1689lugar-publicación=París). Réfutation des prétendues prophéties de St Malachie. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.