Gregorio VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gregorio VI")
Gregorio VI

Gregorio VI, nado en Roma e morto en Colonia en novembro do 1047, foi Papa do Igrexa Católica Romana do 1045 ao 1046.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Giovanni Graciano Pierleoni era arcipreste de Letrán cando accedeu ao papado mediante o pago de 1500 libras de ouro ao papa Bieito IX, que pouco antes expulsara do pontificado a Silvestre III.

O continuo escándalo que vivía a Igrexa naqueles tempos, exemplificado no feito que o ano 1045 se sucederon tres papas e que os tres aínda estivesen vivos, convenceu a Gregorio VI da necesidade dunha profunda reforma, polo cal rodeouse de importantes colaboradores, entre os que destacan o monxe Hildebrand de Toscana, o futuro papa Gregorio VII, a quen nomeou o seu secretario persoal.

As súas ideas reformadoras non puideron ser desenvolvidas ao non contar coa axuda do emperador Henrique III, que malia que tamén era partidario de reformar a Igrexa, non consideraba a Gregorio o Papa adecuado para levala a cabo porque a súa elección estaba manchada por prácticas de simonía.

Esta desconfianza de Henrique III cara a Gregorio, unida ao feito que Bieito IX aínda intentaba recuperar o «solio pontificio» e que Silvestre III tampouco renunciara de forma explícita, trouxérono a deixarse convencer por Odilón de Cluny e polo ermitán Gunter, a convocar un sínodo en Sutri. Alí, valéndose dos privilexios que lle atribuían o Privilegium Othonis, no cal depuxo a Bieito IX e a Silvestre III e obrigou a abdicar a Gregorio VI, que foi desterrado a Colonia onde morreu en novembro do 1047.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.