Alexandre IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexandre IV»)
Alexandre IV, papa
Nacementoséculo XIIxuliano
Lugar de nacementoJenne
Falecemento25 de maio de 1261
Lugar de falecementoViterbo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e bispo católico
PaiMattia Conti, Conte di Segni
Na rede
WikiTree: Jenne-344
editar datos en Wikidata ]

Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi sobriño por parte de nai do papa Gregorio IX, e tamén familiar do papa Inocencio III. O seu tío Gregorio IX faino cardeal en 1227, despois cardeal-bispo de Ostia en 1231. Á morte de Inocencio IV, elixírono papa en Nápoles o 12 de decembro de 1254.

O seu pontificado é marcado polos esforzos de unificación entre as igrexas ortodoxa e católica, a protección das universidades, os favores concedidos as ordes mendicantes e aos seus intentos de organizar cruzadas contra os Tártaros. Cando as autoridades académicas e relixiosas tentaron excluír a franciscanos e dominicos do ensino universitario, Alexandre IV mediou no conflito propiciando o doutoramento de Boaventura de Bagnoregio e de Tomé de Aquino que terán unha grande influencia na filosofía medieval.

En 1255 aprobou a creación da Universidade de Salamanca por Afonso X, concedeulle selo propio e a licenza ubique docendi.

En 1256 promulgou a bula Liceo Ecclesiae Catholicae, pola que organizou os diversos grupos de ermitáns de inspiración agustiniana, nunha soa e única Orde.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.