Urbano III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Urbano III")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Urbano III, papa
B Urban III.jpg
Urbano III
Nome de nacemento Uberto Crivelli
Nacemento c. 1120
  Cuggiono
Falecemento 27 de outubro de 1187
  Ferrara
Soterrado Ferrara Cathedral
Relixión catolicismo
Educado en Universidade de Boloña
Ocupación político, clérigo e sacerdote
Período entre os anos 1185 e 1187
Coñecido/a por ser o papa n° 172 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Urbano III, nado como Uberto Crivelli en Cuggiono cara a 1120 e finado en Ferrara o 20 de outubro de 1187, foi o Papa número 172 da Igrexa católica entre 1185 e 1187.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado cardeal en 1182 e arcebispo de Milán en 1185. O 25 de novembro dese mesmo ano faleceu o pontífice Lucio III, e ese mesmo día foi elixido papa, sendo consagrado o 1 de decembro.

O seu pontificado, de apenas dous anos, estivo centrado no enfrontamento co emperador Federico I motivado pola intención deste de recuperar a súa influencia en Italia perdida en 1176 trala derrota sufrida polo emperador xermano na batalla de Legnano.

Federico I fixou o seu obxectivo no control do reino normando de Sicilia, servíndose da voda acontecida o 4 de xaneiro de 1186 entre seu fillo Henrique con Constanza, herdeira da coroa siciliana ao non ter descendencia seu sobriño e rei Guillerme II de Sicilia. Con este matrimonio o papado perdeu o apoio que como estado vasalo da Santa Sede recibía do Reino de Sicilia, ademais de verse ameazado tamén desde o sur polo imperio xermánico.

Urbano III rompeu as relacións con Federico I e negouse ao desexo deste de ver coroado, antes de morrer, a seu fillo Henrique coma emperador. A cerimonia, non obstante, levouse a cabo ao substituír o emperador como oficiante da mesma ao Papa polo patriarca de Aquilea.

Ante esta ofensa, o Papa excomungou ao patriarca e aos bispos que interviñeran na cerimonia, nomeando arcebispo de Tréveris ao candidato vetado polo emperador, quen en resposta fixo que seu fillo Henrique ocupase os Estados Pontificios. O Papa ameazou ao emperador coa excomuñón, pero finalmente ante a falta de apoio dos bispos alemáns, viuse obrigado a ceder na reunión mantida en Gelnhausen.

Esta derrota moral, xunto coa noticia da derrota sufrida na batalla de Hattin e que comportou a perda de Xerusalén, afectaron á saúde de Urbano, que faleceu en outono de 1187.

As profecías de San Malaquías refírense a este Papa como Sus in cribo (O porco pola criba), cita que fai referencia ao seu apelido, (crivelli = "criba"), e a que no seu escudo de armas aparece un porco.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.