Bieito II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bieito II")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bieito II, papa
BenedictII.jpg
Nacemento 635
  Roma
Falecemento 11 de maio de 685
  Roma
Nacionalidade Imperio Bizantino
Relixión cristianismo
Ocupación clérigo e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Bieito II, nado en Roma[1] no século VII e finado na mesma cidade o 8 de maio de 685, foi papa da igrexa católica desde o 26 de xuño de 684 ata a súa morte[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Posiblemente foi membro da familia dos Savelli. De novo foi á schola cantorum, onde destacou polo seu coñecemento das sagradas escrituras e pola súa voz.[2] Foi nomeado cardeal o 5 de decembro de 680 polo papa Agatón.

Antigamente os bispos de Roma eran elixidos polo clero e o pobo da cidade. O emperador cristián, como cabeza do pobo, debía dar o seu consentimento. Porén, o traslado da sede do imperio a Bizancio supuxo ter que esperar por este consentimento. Aínda que foi elixido papa en agosto de 683 non foi consagrado até o 26 de xuño de 684, era preciso o o consentimento do emperador Constantino IV. Foi o último papa que debeu esperar por este consentimento, pois segundo o Liber Diurnus Romanorum Pontificum logrou que o emperador proclamase un decreto polo que se substituía a confirmación imperial pola confirmación do exarca de Rávena, moito máis áxil pola proximidade a Roma. De forma simbólica, Bieito II adoptou dous fillos de Constantino, Xustiniano e Heraclio.[2]

Procurou que os bispos de Hispania subscribisen os decretos do Terceiro concilio de Constantinopla (anos 680-681) para reprimir o monotelismo e para levar a cabo a submisión aos decretos de Macario, o bispo deposto de Antioquía.[2]

Durante o seu pontificado restauráronse numerosas igrexas en Roma. Tras a súa morte foi soterrado na basílica de San Pedro.[2]

Foi canonizado en 1964 por Paulo VI. O seu santoral celébrase o 7 de maio.

Predecesor:
León II
Emblem of the Papacy SE.svg
Papa

684-685
Sucesor:
Xoán V

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Butler, Alban (1886): The Lives of the Saints.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 «Pope St. Benedict II». Catholic Encyclopedia. Nueva York: Robert Appleton Company. 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]