Bieito XI, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bieito XI | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1240 |
Lugar de nacemento | Treviso |
Falecemento | 15 de xullo de 1304 e 7 de xullo de 1304 |
Lugar de falecemento | Perugia |
Causa | veleno |
Soterrado | Catedral de Perúgia |
Nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico |
Período | 1303 e 1304 |
Coñecido por | ser o papa n° 194 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Bieito XI, nado en Valdobbiadene en 1240 e finado en Perugia o 7 de xullo de 1304, foi o Papa nº 194 da Igrexa católica, entre 1303 e 1304.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chamábase Nicola Boccasini. Ingresou con 14 anos na orde dominicano en Venecia. Destacou pola súa intelixencia como mestre. Foi nomeado prior da Lombardía, e en 1296 o noveno de superior xeral da orde dos Predicadores. Polas súas calidades estivo encargado dunha delicada misión diplomática en Flandres, onde obtivo éxito. A continuación Bonifacio VIII nomeouno cardeal en 1298. Foi bispo de Ostia. Na controversia co rei Filipe o Fermoso de Francia, é un dos cardeais que permaneceu fiel a Bonifacio VIII, co que se refuxiou no castelo de Anagni, sendo feito prisioneiro e forzado sen éxito a abdicar. Á morte de Bonifacio VIII, foi elixido Papa en outubro de 1303.
Moito máis pacífico que o seu antecesor, o seu breve pontificado iniciouse coa absolución da excomuñón ditada contra Filipe o Fermoso de Francia, pero negouse sistematicamente a perdoar os autores materiais da ofensa sufrida polo seu predecesor en Anagni, excomungando tanto a Guillaume de Nogaret, conselleiro do rei francés, como a Sciarra Colonna.
Tras oito meses de pontificado, morreu en xullo de 1304, ó parecer envelenado por orde de Guillaume de Nogaret.
Dos seus oito meses de pontificado, coñécese a anécdota de que a súa nai, pobre e viúva, foi visitalo, para o que foi vestida apropiadamente para ser recibida polo Papa. Este, ó vela, protestou por no recoñecer á pía dama, humildemente vestida, á que tanto quería.
Foi beatificado en abril de 1736 por Clemente XII. O seu nome foi introducido no martiroloxio romano por disposición de Bieito XIV en 1748. A súa festividade ten lugar o 7 de xullo.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Concionator patareus (O predicador de Patara), cita que fai referencia á súa pertenza á Orde dos Predicadores.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |