Estevo IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo.
Estevo IV, papa
Stephen IV.jpg
Estevo IV
Nacemento c. 770
  Roma
Falecemento 24 de xaneiro de 817
  Roma
Relixión catolicismo
Ocupación sacerdote
Período 816 a 817
Coñecido/a por ser o papa n° 110 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Estevo IV (V), nado en Roma e finado o 24 de xaneiro do 817, foi Papa da Igrexa católica do 816 ao 817.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia aristocrática romana, era fillo dun nobre chamado Marinus. Tamén pertencían a esta liñaxe os Papas Serxio II e Hadrián II.[1]

O seu breve pontificado (de tan só sete meses de duración) iniciouse ordenando ao pobo romano que prestase xuramento de fidelidade ao rei dos francos, Luís I o Piadoso; enviou emisarios ao emperador para lle notificar a elección e para concertar unha reunión entre os dous, segundo a comodidade do emperador.[1] Coa invitación de Luís, Estevo saíu de Roma en agosto do 816, cruzando os Alpes acompañado de Bernardo de Italia, rei dos longobardos, quen tiña orde de o acompañar ata o emperador.[2] A principios de outubro, o Papa e o emperador reuníronse en Reims, onde Luís se prosternou tres veces ante Estevo.[3] Na misa do domingo 5 de outubro do 816, Estevo consagrou e unxiu emperador a Luís, colocándolle unha coroa que se afirmaba que pertencera a Constantino I o Grande.[4] Á vez tamén coroou á muller de Luís, Ermengarda de Hesbaye, tratándoa de Augusta[5] Este feito interprétase como un intento por parte do Papado de se establecer un papel na coroación dun emperador, cousa que Luís puxera en dúbida coa autocoroación do 813.[6]

Mentres estaba con Luís, o emperador deulle ao Papa Estevo unha serie de agasallos, incluíndo unhas terras (moi probabelmente en Vendeuvre-sur-Barse), para a Igrexa romana.[7] Tamén renovaron o pacto entre os Papas e os reis dos francos, confirmando os privilexios da igrexa de Roma e a existencia dos recentemente creados Estados Pontificios.[8]

Logo da coroación, e tras facer unha visita a Rávena, volveu a Roma, a finais de novembro do 816[9], onde morreu o 24 de xaneiro do 817.

Nalgún momento, Estevo foi canonizado como santo do igrexa católica.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mann 1906, p. 111-112.
  2. Mann 1906, p. 113-114.
  3. Mann 1906, p. 114.
  4. Duffy 97, p. 77.
  5. Mann 1906, p. 115.
  6. Duffy 1997, p. 78.
  7. Mann 1906, p. 117-118.
  8. Mann 1906, p. 118.
  9. Mann 1906, p. 119.
  10. Montor 1867, p. 94.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Duffy, Eamon (1997). Yale University Press, ed. Saints and Sinners: A History of the Popes. 
  • Mann, Horace K. (1906). The Lives of the Popes in the Early Middle Ages, Vol. II: The Popes During the Carolingian Empire, 795–858. 
  • Montor, Artaud de (1867). The lives and times of the Roman Pontiffs, from St. Peter to Pius IX Volume 1. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.