Evaristo, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa Evaristo

Evaristo foi o quinto Papa, entre os anos 99 e 107 (ata o 108 conforme o Anuario pontificio).

Pouco ou nada se sabe de santo Evaristo, agás que foi bispo de Roma despois de Clemente I. Esta escaseza de datos chega ás fontes máis antigas. O Liber pontificalis di que proviña dunha familia grega, se ben outras fontes din que era fillo dun xudeu cristián de Belén emigrado en Antioquía. Elixido nos tempos de Domiciano, estivo no cargo ata ben entrado o imperio de Traxano. Atribúeselle a el a creación do colexio de cardeais que escollen o vindeiro papa, así como a loita contra a herexía dos docetas.

Como todos os bispos de Roma anteriores ao edicto de Milán foi considerado santo (a súa festa celébrase o 26 de outubro), e sinálase que a súa morte foi debida ao martirio, aínda que iso non está debidamente probado.

Parroquias galegas[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de Santo Evaristo.