Eusebio, papa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 190 ↔ 310 Sardeña |
| Morte | 310 Sicilia |
| Lugar de sepultura | Catacumba de Calisto |
| 18 de abril de 309 – 17 de agosto de 309 ← Marcelo – Melquiades → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Baixo Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 26 de setembro |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Wikitólica, |
Eusebio, nado en Sardeña ou en Acaia,[1] foi un papa do século IV. Exerceu o seu cargo de bispo de Roma do 18 de abril de 309, data da súa entronización, ao 17 de agosto de 309, data do seu falecemento.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o sucesor de Marcelo. O seu reinado foi breve: o Catálogo Libériano non lle dá máis que unha duración de catro meses, do 18 de abril ao 17 de agosto do ano 310. Coñécense algúns detalles da súa carreira grazas a un epitafio sobre a súa tumba feita sobre a orde do papa Dámaso, epitafio que conservaron transcricións antigas.
Durante o seu pontificado, as controversias sobre os apóstatas continuaron, levando a Igrexa á beira do cisma. Conseguiu manter posicións firmes pero actuou con gran caridade.
Desterrado por Maxencio, sufriu o martirio en Sicilia e foi soterrado no cemiterio ou catacumba de san Calixto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eusebio, papa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Melgar Gil, Luis-Tomás (2004). Historia de los papas. Santos y señores (en castelán). Madrid: Libsa. ISBN 84-662-1112-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |