León VII, papa
León VII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | post. 819 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 13 de xullo de 939 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Irmáns | León VI |
Período | 936 a 939 |
Coñecido por | ser o papa n° 126 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
León VII nado en Roma, en data descoñecida, e finado o 13 de xullo de 939 foi o papa n.º 126 da Igrexa católica do 936 ao 939.
Pontificado[editar | editar a fonte]
León VII, probablemente era un monxe bieito cando o elixiron papa o 3 de xaneiro de 936, conforme ao desexo do duque Alberico II, establecendo que o emperador debía ter a potencia civil e o papa a potencia relixiosa.
León VII, tivo unha atención particular á reorganización dos mosteiros. Odón abade de Cluny convenceu ao Papa e a Alberico para que desen o seu apoio na reorganización do monacato que pretendía levar a cabo, non só na zona de Borgoña, onde se situaba a abadía, senón en toda Europa.
Para cooperar no traballo de reforma en Alemaña do emperador xermánico Otón, León VII nomeu un vicario apostólico e legado pontificio en toda a Alemaña con poder de procesar todos os eclesiásticos que errasen. Non obstante, prohibiulle bautizar á forza os xudeus alemáns aínda que o autorizou a que os expulsase das cidades se rexeitaban o devandito sacramento..
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |