Hilario, papa
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 415 Sardeña |
| Morte | 29 de febreiro de 468 Roma |
| Lugar de sepultura | basílica de San Lourenzo Fóra de Muros |
| 20 de novembro de 461 – 28 de febreiro de 468 (Gregoriano) ← León I – Simplicio → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | político, sacerdote católico, escritor |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 17 de novembro |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |

Hilario, nado en Sardeña e finado en Roma o 29 de febreiro de 468, foi o Papa n.º 46 da Igrexa católica entre 461 a 468.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como arquidiácono actuou como legado de León I Magno no concilio de Éfeso celebrado en 449 e coñecido como o "latrocinio de Éfeso" opoñéndose á condena de Flaviano de Constantinopla o que lle supuxo enfrontarse ao monofisita Dióscoro e verse obrigado a afastarse tanto de Constantinopla coma de Roma para salvar a súa vida.
No momento do seu pontificado, defende (e construíe) a ortodoxia cristiá confirmando os concilios de Nicea, de Éfeso e de Calcedonia . Persegue así a condena das herexías tales como o monofisismo (reafirmando a dobre natureza humana e divina do Cristo), e o arianismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |