Romano, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Romano | |
---|---|
![]() | |
Alcume | San Romano |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Gallese |
Falecemento | novembro de 897 |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | veleno |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico e bispo católico |
Período | de xullo a novembro do 897 |
Coñecido por | ser o papa n° 114 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Romano, nado en Gallese e finado en novembro de 897, foi o Papa n.º 114 da Igrexa católica en 897.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era irmán de Mariño I, nados en Gallese, unha cidade do Lacio preto de Civita Castellana. Cardeal de San Pedro in Vincoli, foi elixido papa a finais de agosto de 897, probablemente polo partido alemán.
Durante o seu breve pontificado de catro meses comezou a traballar na anulación de todas as disposicións do seu antecesor, Estevo VI, labor continuada polo seu sucesor Teodoro II.
Incluíu as illas de Mallorca e Menorca na diocese de Xirona, se ben o documento no que se recolle esta disposición é apócrifo.
Algúns historiadores apuntan que puido ser destronado e obrigado a recluírse nun mosteiro. Finou en novembro de 897, non se sabe se por morte natural ou envelenado.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |