Alexandre II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Alexandre II
Papa Alessandro II.jpg
Alexandre II
Nome completo Anselmo da Baggio
Nacemento valor descoñecido
  Milán
Falecemento 21 de abril de 1073
  Roma
Soterrado Basílica de San Pedro
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo e sacerdote
Período entre o 1061 e o 1073
Coñecido/a por ser o papa n° 156 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Alexandre II

Alexandre II, de nome Anselmo da Baggio (nado en Milán e finado en Roma o 21 de abril de 1073, foi Papa da Igrexa católica romana do 1061 ao 1073.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Á morte de Nicolao II, a nobreza romana e os bispos lombardos diríxense ao emperador para que designe un novo papa co seu dereito a facelo. O cardeal Hildebrand, porén, futuro papa Gregorio VII, sen ter en conta o dereito imperial e baseándose nos dereitos que se aprobaron en 1059 no sínodo de Melfi sobre a elección papal, adiántase e fai escoller papa ao bispo de Luca, Anselmo da Baggio, que toma o nome de Alexandre III.

Os conselleiros de Henrique IV, entón de once anos de idade, considerando que, segundo o establecido na Constitutio Lotharii e no Privilegium Othonis, o emperador tiña dereito a que toda elección papal contase coa súa aprobación, responde nomeando antipapa ao bispo de Parma, Pietro Cadalus, que toma o nome de Honorio II.

Pero o nomeamento do antipapa Honorio non ten apoio nin sequera na Alemaña, o cal provoca o golpe de estado de Keiserwerth de 1062, polo cal Inés, a nai do emperador, vese obrigada a ceder a rexencia aos arcebispos Anno de Colonia e Adalbert de Bremen que intentando unha aproximación ao papa Alexandre II conseguindo no sínodo de Mantua do ano 1064 a destitución e excomuñón de Honorio II.

Continúa como os seus predecesores, a loita contra a simonía e o nicolaísmo, así como o seu enfrontamento co emperador do Sacro Imperio, Henrique IV, a quen obrigou a manter o seu matrimonio con Berta de Savoia; e no que se pode considerar un precedente da loita das investiduras, excomungará aos conselleiros do emperador ao consideralos instigadores da consagración como arcebispo de Milán do candidato imperial.

En 1063, transformou a chamada Reconquista hispana en guerra santa ao conceder indulxencia plena aos soldados que participasen na conquista de Barbastro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]