Fiz I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século III Roma |
| Morte | 30 de decembro de 274 Roma |
| Lugar de sepultura | Catacumba de Calisto |
| 5 de xaneiro de 269 – 30 de decembro de 274 ← Dionisio – Eutiquiano → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 30 de decembro |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fiz I, nado en Roma e finado o 30 de decembro de 274, foi Papa da igrexa católica de 269 a 274.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun tal Constancio, o seu pontificado coincidiu co goberno do emperador Aureliano quen nos primeiro anos do seu reinado abandonou a política de persecucións que contra os cristiáns aplicaban os seus antecesores.
Nos comezos do seu pontificado chegaron a Roma novas do sínodo celebrado en Antioquía e que depuxo ao bispo Paulo de Samosata por ensinar unha doutrina contraria ás ensinanzas da Igrexa contra a Trindade. A cuestión tomaría un cariz político polo apoio ao bispo de Antioquía do emperador romano Aureliano, a pesar do cal Fiz emitiu un decreto indicando que ninguén podía ser bispo se non estaba en comuñón coa sé de Roma co que ratificou a deposición aprobada no concilio de Antioquía do bispo da cidade, afirmando a divindade e humanidade de Cristo e as dúas naturezas distintas nunha soa persoa.
Ordenou soterrar aos mártires baixo os altares dos templos e celebrar a misa sobre os seus sepulcros, celebración que só poderían realizala os sacerdotes e no propio templo agás por causa maior, para impedir a celebración de misas privadas.
Na derradeira época do seu pontificado, Aureliano retomou a política de persecucións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |