Sotero, papa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século II Fondi |
| Morte | abril de 174 Roma |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| 20 de abril de 168 – 174 (Gregoriano) ← Aniceto, papa – Eutelo → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Q89547790 | Papa n° 12 da igrexa católica |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 22 de abril |
| Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Sotero (en grego antigo: Σωτήρ; en latín: Soterius), chamado logo san Sotero, nado en Fondi e morto posiblemente en Roma en abril de 174, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 168 e 174.[1] Segundo o Annuario Pontificio, as datas do seu pontificado poderían ser do 162 ó 168 ou do 170 ó 177.[2] Sotero é recoñecido por declarar que o matrimonio só é válido en tanto que sacramento beicido por un sacerdote, e por inaugurar formalmente a Pascua como festival anual en Roma.[3] O seu nome en grego deriva do termo σωτήρ (soter), que significa "salvador"; trátase do seu nome de nacemento, xa que viviu nun período anterior á tradición de asumir nomes papais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da vida e do pontificado de Sotero, que coincidiu cunha das maiores épocas de represión contra o cristianismo, nos tempos do emperador Marco Aurelio. O Liber pontificalis sinala que naceu na vila de Fondi, e que descendía dunha familia de gregos.
O feito máis destacábel do seu goberno é a epístola que lles dirixe aos corintios, confundida coa Segunda epístola de Clemente, e que non se conserva; porén, si se gardan anacos da resposta de agradecemento que lle escribiu Dionisio, o bispo desa cidade grega. Acompañando a carta ía unha cantidade de diñeiro recollido pola diocese de Roma e enviada á de Corinto, polo que a este papa se lle coñece como o da caridade.
Crese tamén que foi quen ordenou que fose necesario un sacerdote para bendicir o sacramento do matrimonio,[3] para que tivese validez, e quen lle prohibiu ás mulleres tocar os obxectos sagrados ou esparexer incenso durante os rituais.
Santificación
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 22 de abril, a canda o papa Caio. Foi soterrado no camposanto de Calisto, ao pé da vía Apia. En tempos de Serxio II os seus restos foron levados á basílica de san Silvestre e Martiño dos Montes e posteriormente á basílica de san Sisto Vello. Outras fontes apuntan que as súas reliquias se conservan na catedral de Toledo.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de san Sotero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chapman 1908.
- ↑ Oficina de Estatística Central da Igrexa 2012, p. 8.
- 1 2 "CatholicSaints.Info » Blog Archive » Pope Saint Soter" (en inglés). Consultado o 2026-04-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chapman, John (1908). "Caius and Soter, Saints and Popes". The Catholic Encyclopedia (en inglés). Robert Appleton Company.
- Oficina de Estatística Central da Igrexa (2012). Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. ISBN 978-88-209-8722-0.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |