Iniciativa Aragonesa
Iniziatiba Aragonesa | |
Partido político | Iniziatiba Aragonesa |
Data de fundación | 28 de marzo de 1996 |
Ideoloxía | Centrista, nacionalista aragonés |
Ámbito | Aragón |
Sede central | c/. Lausana, 17. 2º. B Zaragoza (España) |
Presidente | Manuel Escolá Hernando |
Web do partido | www.inar.org |
Iniciativa Aragonesa (ou en aragonés Iniziatiba Aragonesa), INAR, é un partido político español de ámbito aragonés. Orixinouse como unha escisión do Partido Aragonés, e está liderado por Manuel Escolá Hernando, que con anterioridade ocupaba escano coma deputado das Cortes de Aragón polo Partido Aragonés e do Parlamento Europeo por Coalición Nacionalista. Tivo unha implantación testemuñal, pois en diversas eleccións quedou bastante lonxe do 1% dos votos. Nas diversas eleccións posteriores ao ano 2003 INAR estivo inactiva politicamente e non presentou ningunha candidatura. Mais o partido oficialmente non se disolveu.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]É un partido nacionalista aragonés. Provocou certa polémica ao lanzar unha campaña contra o Plan Hidrolóxico Nacional de España que co berro de Apadrina un murciano, parodiaban unha ONG que envía botellas de auga aos habitantes de Murcia, España.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Nas eleccións xerais de España de 2000 e autonómicas de 2003 presentou candidaturas nas tres circunscricións electorais aragonesas, sen obter representación parlamentaria. Foi a sétima opción política máis votada dun total de quince en ámbolos dous comicios.
e data |
provincia Huesca |
tados |
provincia Teruel |
tados |
provincia Zaragoza |
tados |
total Aragón |
tados | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xerais de España 2000 | 135 | 0,11 | - | 61 | 0,07 | - | 846 | 0,17 | 1.042 | 0,15 | - | |
Autonómicas 2003 | 207 | 0,16 | - | 62 | 0,07 | - | 1.434 | 0,29 | - | 1.703 | 0,24 | - |
Municipais 2003 | 92 | 0,07 | 1 | 39 | 0,05 | - | 1.131 | 0,23 | - | 1.262 | 0,18 | 1 |
- Eleccións municipais do 2003: presentou candidatos en dezaseis municipios aragoneses, dous na provincia de Huesca, seis na de Teruel e oito na provincia de Zaragoza. Na localidade de Jasa conseguiu un concelleiro, sendo este o único representante obtido por INAR até o de agora.
Huesca | Huesca | 53 | 0,22 | 0 |
Jasa | Huesca | 39 | 27,66 | 1 |
Cañizar del Olivar | Teruel | 7 | 11,48 | 0 |
Libros | Teruel | 1 | 0,67 | 0 |
Pitarque | Teruel | 2 | 2,70 | 0 |
Terriente | Teruel | 4 | 2,88 | 0 |
Teruel | Teruel | 21 | 0,12 | 0 |
Torres de Albarracín | Teruel | 4 | 2,84 | 0 |
Alborge | Zaragoza | 3 | 3,30 | 0 |
Chodes | Zaragoza | 1 | 0,83 | 0 |
Monterde | Zaragoza | 2 | 0,93 | 0 |
Olvés | Zaragoza | 2 | 2,00 | 0 |
Pomer | Zaragoza | 2 | 8,33 | 0 |
Puebla de Albortón | Zaragoza | 10 | 7,14 | 0 |
Samper de Salz | Zaragoza | 1 | 0,88 | 0 |
Zaragoza | Zaragoza | 1.110 | 0,33 | 0 |