Gaspar Torrente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaspar Torrente
Nacemento3 de outubro de 1888
 Campo
Falecemento21 de marzo de 1970
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Gaspar Torrente, nado en Campo (provincia de Huesca) en 1888 e finado en Barcelona en 1970, foi un político aragonés, líder do nacionalismo aragonés de comezos do século XX.

Biografía[editar | editar a fonte]

Quedou orfo de nai cando tiña un ano, pasou a infancia acompañando ao seu pai, xastre ambulante, ata que este faleceu en 1897. Marchou á casa dun irmán, que residía en Barcelona e encargouse unha familia catalá da súa educación.

Foi un dos dirixentes da Unión Aragonesista e escribiu no seu voceiro El Ebro en castelán e catalán, presidiu as súas mocidades entre 1920 e 1923. En 1928 trasladouse a Graus e alí fundou en xuño de 1930 El Ideal de Aragón e tentou dar pulo ao aragonesismo na zona coa constitución da Unión Regionalista de Graus en marzo de 1931, pero que tivo escaso éxito e a fins de 1931 volta a Barcelona, onde fundou e foi o presidente de Estado Aragonés, o primeiro partido político nacionalista aragonés, e en outubro de 1935 tirou á rúa a publicación Renacimiento Aragonés. Foi comisario da Generalitat en Oliana (provincia de Lleida) en 1938. Detido polas tropas franquistas en xaneiro de 1939. En 1940 conseguiu a liberdade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]