Linguas quechuas
| Linguas quechuas | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Qhichwa simi | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||
|
Caso gramatical
| |||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O quechua,[1] tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas indíxenas faladas polo pobo quechua, o cal habita principalmente nos Andes do Perú.[2] Derivada dunha lingua ancestral común, é a familia de linguas precolombianas máis falada das Américas, cun estimado de 8-10 millóns de falantes en 2004.[3] Aproximadamente o 25% (7,7 millóns) dos peruanos falan unha lingua quechua.[4][5] Quizais sexa máis coñecido por ser a principal familia lingüística do Imperio Inca. Os españois fomentaron o seu uso ata a loita peruana pola independencia da década de 1780. Como resultado, as variantes do quechua aínda son moi faladas no presente, sendo a lingua cooficial de moitas rexións e a segunda familia lingüística máis falada do Perú.
Características
[editar | editar a fonte]Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.
A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quechua.
- ↑ "Quechua language, alphabet and pronunciation". www.omniglot.com. Consultado o 2017-07-26.
- ↑ Adelaar 2004, pp. 167–168, 255.
- ↑ "Peru | Languages". Ethnologue. Dallas, Texas: SIL International. 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017.
Population total all languages: 7,734,620.
- ↑ "Peru | Country". Ethnologue (Dallas, Texas: SIL International). 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017.
Population 30,814,000 (2014 UNSD)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Linguas quechuas |